Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 348 - 13/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA A PRECARIEDADE
 

Marcha do persoal precario da Administración Pública

A CUT súmase á “MARCHA DO PERSOAL PRECARIO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA” que se realizará o vindeiro día 16, ás 10 horas no Parlamento en Santiago de Compostela, en defensa dos postos de traballo e na defensa dunhos servizos públicos de calidade.

     

  • Noticias relacionadas

 

EN DEFENSA DO EMPREGO: as administracións dos diferentes ámbitos e territorios, e cun destacado papel por parte da Xunta de Galiza e os seus entes, levan anos desorganizando o emprego público. Das augas do seu plan de abaratar a man de obra custe o que custe esta lameira de precariedade laboral á que condenaron a amplos sectores de empregadas e empregados públicos. Contratos de 3 meses ao ano, contratos temporais encadeados durante máis de 20 anos, contratos lixo de días e ata horas, xestións do persoal arbitrarias... e todo por suposto, nunha estratexia que garantise que nos mantivésemos sumisos e sumisas á omnipotente Administración Pública, que leva anos pasando por riba das nosas vidas como unha apisonadora de dereitos.
 
Se nos unimos é para poñerlle fin a isto. Porque temos dereito a un proceso de consolidación que lle dea saída a máis do 50% de temporalidade que hai na administración, sen que se sigan a utilizar as OPEs como coartadas para mandarnos á rúa cunha man diante e a outra detrás. Porque temos dereito a que se racionalice o servizo e a que deixen de xogar connosco, organizando as nosas contratacións en condicións dignas ao longo do ano. Porque temos dereito a concorrer ás prazas sen que a Administración as aparque ao seu antollo. Porque estamos fartas e fartos das lamentables condicións de traballo que se viven nas administracións. Xuntas e xuntos somos máis. E coa forza de tod@s isto ten que cambiar.
 
EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS: en primeiro lugar porque a precariedade laboral se traduce en precariedade asistencial. A política “mans-de-tixeira” da Xunta de Galiza e dos seus entes está a ameazar de morte os nosos servizos públicos. A súa ruta é a da privatización e o abaratamento. Non interesan as persoas, interesa o lucro. A administración está chea de contrato e subcontratos cos amigos/as irmás/ e os primos de. Os servizos públicos son un ben que a cidadanía debemos protexer. Pero tamén sobre o cal as traballadoras e traballadores temos que decidir, e co que nos temos que comprometer. Se traballamos no público é porque temos unha vocación de servizo, e porque nos comprometemos en traballar por unha sociedade asistida e mellor.
 
Proba disto é que se aos servizos públicos lles resta a pouca dignidade que lles resta é porque as traballadoras e traballadores estamos dando a cara por eles. Porque a pesares dos medios cada vez máis precarios dos que dispoñemos tiramos da nosa vontade e de onde non hai para defender ás usuarias e usuarios. Sen nós os servizos paran. Estamos fartas de discursiños de moqueta sobre a saúde dos nosos servizos públicos. O público é servizo e o privado beneficio. Saímos tamén á rúa porque os recortes teñen que parar.
 
SÚMATE E MARCHA CON NOS !!
 
PONTE EN MARCHA, os nosos servizos públicos están en perigo. Haberá buses gratuítos desde Vigo, Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña.
 
Reserva a túa plaza chamando aos seguintes números:
 
VIGO:           604 00 93 77
                      Saída dende H. Meixoeiro ás 8:20
                      Saída dende H. Álvaro Cunqueiro ás 8:30
 
OURENSE: 604 00 93 72
                     Saída dende o CHOU (Ó lado da cafeteria Paquí Pallá) ás 8:30
 
A CORUÑA: 604 00 93 74
                       Saída dende o CHUAC ás 9:00
 
LUGO:          617 19 10 30
                      Saída dende o HULA ás 8:30 
 
PONTEVEDRA: 639 85 72 38
                             Saída dende o Pabellon de Deportes ás 9:00
 
Súmate ao evento de Facebook aqui: https://www.facebook.com/events/631730253678774/
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript