Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 348 - 13/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizos. Sentenza

A nosa intención foi, é e será sempre buscar a máxima unidade de acción na Xunta de Persoal. De tódolos xeitos, se isto non é posible, non renunciamos á nosa autonomía para levar a efecto as accións que consideremos oportuno realizar. Cando, hai máis dun ano nos vimos na obriga de interpoñer, en solitario, o recurso contra as prórrogas das comisións de servizo do persoal funcionarizado, sabiamos que non cabía outro fallo que o que reflicte a sentenza que vos xuntamos. Non obstante eramos conscientes de que o xeito de obrigar á Xerencia e reitor a cumprir a legalidade era proceder desta maneira, aínda que tivésemos que pagar nós mesm@s o recurso.

     

  • Noticias relacionadas

 

O fallo ten en conta, por un lado, que as comisións prorrogadas superan o tempo máximo de dous anos establecido tanto na normativa da propia universidade como no Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado. Por outro lado que elimina os dereitos profesionais das persoas que poidan optar aos postos. Estas dúas circunstancias, xunto coa situación de discriminación que se crea na institución ao prorrogarse unhas comisións de servizos mentres que outras rematan cando prescriben os prazos legais foi o que, en esencia, nos levou a tomar a decisión de presentar o recurso.
 
O fallo sinala literalmente:
 
“De acuerdo con lo expuesto la Administración no puede mantener de forma perpetua o indefinida dicha situación (comisión de servicios) sino que está obligada a convocar dichos puestos transcurridos el plazo máximo legalmente establecido sin que la comodidad de no convocar nuevos puestos pueda en su caso estar amparado en una potestad de autoorganizacion que cercena los derechos profesionales de las personas que puedan optar a dicho puesto, de ahí que cuando se constata a escasa o débil motivación de la urgencia sin individualizar con carencia de las razones concretas que motiven la falta de cobertura provoca en lógica consecuencia la estimación de la demanda ya que no existe la excepcionalidad que proclama.
 
El recurso debe de ser estimado.”

 
A universidade, que comezou pedindo a desestimación do recurso que presentamos, coa imposición de costas á parte recorrente (nós)
vese na obriga de anular estas e posteriores prórrogas de comisións de servizos pagando 700€ de costas, diñeiro de tod@s que se dilapida pola ilegalidade cometida intencionadamente e reiterada este ano.
 
A sentenza establece un prazo de 15 días para a presentación dun recurso que sabemos tampouco prosperará, máxime cando xa o concurso que se sinalaba que se convocaría o 1 de outubro aprázase agora sine díe.  De presentarse recurso, demostrarase que só se ten a intención de non levar a efecto a sentenza sendo, ao noso entender susceptible de ser considerado como un acto de prevaricación.
 
Pensamos que, ás ilegalidades, incumprimentos e manipulación de acordos que este equipo de goberno está a realizar temos que responder o máis unitariamente posible, denunciando as actuacións nos órganos de representación e goberno da institución, realizando os recursos e denuncias xudiciais que for preciso e activando a mobilización do colectivo. Niso estamos.
 
Sentenza
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript