Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 348 - 13/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Ir por todas
Nalgún momento dixestes que iades actuar contra a ocultación das amortizacións ao Consello de Goberno. Penso que o xeito de actuar do reitor merece que tomedes esa medida ou outra que nos libere ou que deixe a credibilidade deste home á altura do que realmente é.

Medida anunciada
Sendo moi importante o concurso para moita xente, tamén o é para min, teño que volver á carga co tema da conciliación que me afecta de xeito considerable. Non se pode retrasar indefinidamente a negociación deste e outros asuntos que nos afectan e moito. Miro para a Xunta e vexo que a administración é tan prepotente ou máis ca nosa, denunciaron a situación no Valedor, e a representación dos traballadores, que eu saiba, aínda non tomou unha medida como a que anunciou a Xunta de Persoal. Fan mobilizacións, abandonos puntuais das mesas de negociación en determinados momentos pero vexo que non se negan a reunirse. Recordo que na administración autonómica, menos a APA, ostentan a representatividade os mesmos sindicatos que na nosa universidade. Por outro lado, que facemos no tempo que se lle deu ao reitor para que cambie a proposta?. Non o entendo.

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript