Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 348 - 13/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  UVIGO - PAS FUNCIONARIO
 

A Xunta de Persoal presenta recurso contra a execución da RPT

Os compañeiros e compañeiras da Universidade de Vigo veñen de presentar Recurso de Reposición contra a “Resolución Reitoral do 17 de xaneiro de 2017 (corrección de erros publicada o 1 de febreiro) , nº de rexistro de saída 2001700000976 do 18/01/17, pola que se procede á execución da Relación de Postos de Traballo do Persoal Funcionario de Administración e Servizos da Universidade de Vigo”.

     

  • Noticias relacionadas

 

No recurso sinálase:   

  • ·         Que as notificacións efectuadas ao persoal afectado son nulos de pleno dereito por non cumprir as garantías exixidas na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común

  • ·         Que se incumpren varios artigos da Lei 2/2015 do Empregado Público de Galicia e o Estatuto Básico do Empregado Público

  • ·         A falta de motivación na Resolución Reitoral

 Solicítase a suspensión cautelar da execución da Resolución pois tal e como é coñecedora a Universidade, hai interposto recurso contencioso administrativo contra a modificación da citada RPT por ser gravemente lesiva para as e os funcionarios de Administración e Servizos. O proceder a executar a dita RPT pode derivar en consecuencias de difícil ou imposible reparación.
 
A Xerencia tamén presentou Proposta de convocatoria de concurso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript