NÚMERO 348 - 13/03/2017
CUTUDC / Novidades
As limitacións á forestación das terras agrarias, especialmente con eucalipto, presentes na Lei 7/2012 de Montes baten coa "doutrina" da Dir. Xeral de Montes que considera de xeito sistemático aos pasteiros como terreo forestal.
Por esta vía e grazas a unha interpretación
torticeira da norma e ao desleixo de Medio Rural,
centos de hectáreas agrícolas están virando en
eucaliptais.
Isto tradúcese directamente na perda de superficie
agraria útil, convetida agora en plantíos de
eucaliptos: por volta dunhas 5000 hectáreas só nos
dous últimos anos.
Este grave incumprimento do artigo 61 da lei de
Montes 7/2012, que establece severos condicionantes
para o paso de uso agrícola a forestal, débese á
interpretación que os servizos centrais da Dirección
Xeral de Ordenación e Produción Forestal fan do
pastoreo, uso regulamentado na mesma norma (art.
86.2: O aproveitamento de pastos polo gando en
terreos forestais é un aproveitamento forestal
segundo o establecido nesta lei). Deste
xeito, para D. X. de Montes todos os terreos
"pastables" son forestais e, portanto, susceptíbeis
de seren plantados, mesmo con eucaliptos.
Malia a resultar evidente que a Lei de Montes só
regulamenta o aproveitamento de pastos en terreos
forestais como un máis dos moitos usos do monte, e a
que tamén hai pastos en terreos agrícolas, os
responsábeis da consellaría consideran
torticeiramente que "todo pasteiro é monte". Esta
interpretación está a permitir a forestación mais ou
menos encoberta de terreos agrícolas, que pasan de
cultivos a pasteiros e finalmente a eucaliptais, sen
sequera verse afectados polos condicionantes do
artigo 61 (forestación de terras agrícolas), entre
os que está a obriga de plantar en exclusiva
frondosas autóctonas.
Esta directriz, a "instrución pasteiros" tense
xirado dende San Lázaro ás delegacións provinciais e
distritos forestais, xunto con outra particular
instrución: a de considerar prevalente a
clasificación do solo nun PXOM sobre o uso real do
terreo. Deste xeito se no PXOM do concello o solo
figura como "de especial protección forestal" malia
a que o uso real sexa agrícola, Montes permite o
"ponteo" do art. 61 e autoriza a súa forestación,
mesmo con eucaliptos.
Estas interpretacións espúreas da norma que promove
a cúpula directiva de Medio Rural e deben acatar os
distritos e delegacións provinciais están a provocar
que ducias de denuncias de plantacións ilegais sexan
arquivadas. Resultado: a forestación "pola porta de
atrás" de milleiros de hectáreas agrícolas con
eucaliptos.
Este proceder non é casual: explícase pola total
submisión da Xunta ao lobby do eucalipto e a
indiferenza fronte ao dspoboamento do rural.
Primeiro, promóvese o abandono das explotacións e
dos labores agrícolas nas terras produtivas,
convertidas no millor dos casos en praderíos. E este
abandono fomentado a mantenta, xunto co retorcimento
cómplice da norma, trae despois consigo o eucalipto.
Novas relacionadas
Decreto do eucalipto: as bágoas de crocodilo da
Xunta
Medio millón de hectáreas de eucalipto en Galiza...
ABONDA XA!
ADEGA e Mariña-Patrimonio denuncian danos masivos ao
patrimonio histórico-arqueolóxico pola industria do
eucalipto
Directrices do novo Plano Forestal: un proceso
trucado e unhas propostas á medida de ENCE
Todos os grupos parlamentares agás o PP apoian a
campaña STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO! para frear
a expansión do eucalipto en Galiza
ADEGA
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript