Atopámonos, diante dun claro intento do equipo de goberno de modificar o pactado sen ningún argumento, simplemente para protexer certos postos de traballo, non vaia ser que alguén que non sexa a persoa para a que se quere destinar o posto poida ocupalo.
Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 20 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
Solicitóusenos, por parte dalgún compañeiro, que se fixese o recordatorio de que roupa de traballo, segundo a Resolución da Xerencia 2/2014, do 10 de xullo de 2014 sobre roupa de traballo do PAS funcionario debe solicitarse durante os meses de xaneiro e febreiro de cada ano.
A crise española empezou sendo económica, logo social, a continuación política, e este ano teranos pendentes dos tribunais. Xa que este 2017 chega ás nosas pantallas o Episodio 4 da saga "Crise", subtitulado "A batalla xudicial", é bo momento para lembrar os anteriores episodios da exitosa saga.
As dúas plataformas que convocan folga, o vindeiro día 9 de marzo, en todas as etapas do ensino, incluído o universitario, tiveron cadansúa reunión coa representación da Xunta para "negociar" os servizos mínimos que rexerán durante a dita convocatoria de folga. Nin que dicir ten que a Xunta de Galiza, moi lonxe de buscar un pacto, determinou uns servizos mínimos abusivos que nalgún centro da nosa universidade obrigará ao 100% das compañeir@s nel destinad@s a traballar ese día.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript