Número 346 - 27 de febreiro de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

A que xoga o equipo de goberno?

Na sesión do día 23 do Consello de Goberno, requirímoslle, unha vez máis ao xerente a convocatoria do concurso de méritos que, segundo sinalamos no resumo do Consello de Goberno, tiña que estar en marcha desde o último trimestre de 2016 (este acordo está asinado).

 UNIVERSIDADE

    Hoxe, debido ás festas do entroido, non abrimos o local do CUR como facemos de xeito habitual. Se houber algunha circunstancia que queirades facernos chegar, estaremos ao voso dispor, nas extensións telefónicas que vos xuntamos.

UVIGO E USC

    Non pensedes que o que sucede na Universidade da Coruña non acontece nas outras universidades galegas, xuntamos escritos do Comité de Empresa da Universidade de Vigo en protesta contra a aprobación dunha acta por parte da Xerencia, dunha reunión que non contou coa presenza do Comité de Empresa. Tamén vos xuntamos escrito da Xunta de Persoal Funcionario da USC que rexeita o procedemento imposto desde a Xerencia para a selección do persoal colaborador nas PAU. Neste mesmo sentido pronunciouse tamén o Comité Intercentros da USC.

 UNIR LOITAS
    O Congreso dos Deputados iniciou o procedemento de derrogación da LOMCE a finais do ano 2016. A “oposición”, sempre presta ao pacto encargouse de propalar a expectativa dun gran pacto pola educación, non contaban, ou si, conque o PP, que a socialdemocracia se encargou de facer que gobernase tiña a baralla na man, primeiro encargouse de descafeinar o famoso pacto pola educación converténdoo nun documento sobre a estratexia 2020, que talvez sirva para unha nova lei, ou non e, paralelamente, acordou acudir ao Tribunal Constitucional para tentar anular o acordo do Congreso polo que se impulsa a paralización da LOMCE.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
 PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
    Despois dos Plenos Extraordinarios, do 13 e 22 de febreiro, para abordar o asunto do Saneamento e a Taxa; e das reunións co Alcalde, unha antes de cada pleno, mais sen suceso ningún, coa postura do goberno municipal tomada e sen querer escoitar, vemo-nos na obriga de comezar a expresar as nosas opinións e reivindicacións, xa non só en roldas de prensa, comunicados e intervencións nos plenos, senón coa Mobilización Social.
 COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA (CRMH)
    A Coruña, 17 de febreiro de 2017. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) da Coruña condena e rexeita totalmente a sentenza absolutoria para a filla e irmá de reis, a cidadá Cristina de Borbón, quen resultou absolta no xuízo do Caso Noos. Tamén resulta ridícula a pena imposta ao seu marido, o xenro e cuñado de reis Iñaki Urdangarín, quen foi condeado á pena de 6 anos e 3 meses de cárcere.
 CRISE ESTAFA
    Do mesmo xeito que non se pode tapar a Lúa cun dedo, unha mentira é unha mentira, por moito que se repita ata a saciedade. Lonxe da enganosa propaganda gobernamental, o ano 2017 caracterizarase pola continuidade da crise capitalista.
 STOP REPRESIÓN
    O rapeiro mallorquino é condenado a prisión por dicir que “os Borbóns son uns mafiosos”. Miguel Areas Beltrán, Valtonyc, foi condenado pola Audiencia Nacional de España a tres anos e seis meses de prisión pola súa composición “Circo Balear”, na que se lle acusa de inxuriar ao rei Juan Carlos e enxalzar a grupos armados como ETA e aos Grapo.
• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Desde hai algún tempo teño a sospeita de que se están cometendo delitos de incitación ao odio, enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas, pero non sei onde denuncialos. Creo que son flagrantes e encaixan ao pé da letra coa definición que o Código penal fai deses delitos, pero non sei a que xulgado acudir. A ver se hai algún avogado na sala que me poida axudar.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    O pasado día 23 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Non puidemos informar da convocatoria no anterior PASquín porque, á hora de pechar a súa edición, non recibiramos ningunha información dos temas a tratar nin do se desenvolvemento. Agora, a touro pasado, facémosvos un resumo da sesión nos temas que máis poden ser de interese para o colectivo.

 ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
    O 24 de febreiro de 2017 publicouse na páxina web de Avisos que, con motivo da celebración das festas do Entroido, modifícase a xornada dos vindeiros días 28 de febreiro e 1 de marzo, para os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia.
 ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
    A Xunta de Galiza recorre ás bolsas de formación para cubrir necesidades estruturais así, no DOG do 17 de febreiro, publícase a ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN225A). 4 bolsas.
 LOITA FEMINISTA
    O 5 de marzo imos encher as rúas de forza e vida feminista. Mulleres diversas berraremos que nos queremos vivas e libres para construír unha sociedade sen violencias machistas.
 PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
    Hoxe 20 de febreiro, tivo lugar unha Rolda de Prensa na casa do Concello de Ferrol, para explicar a nosa posición diante dos últimos acontecementos e facer chegar a valoración da Plataforma sobre a Taxa e o Saneamento, os argumentos e as inconsistencias do Informe de Emafesa, base para o cáculo da Taxa.
 VERDEGAIA
    O Parlamento Europeo aprobou a pasada semana o CETA (Comprehensive Economic and Trade Agreement), o acordo comercial asinado por Canadá e a UE o pasado 30 de outubro. Referendárono os votos do PP, PSOE e Cidadáns (xunto cos seus aliados na eurocámara) e votaron en contra a Esquerda Unitaria, os Verdes e algúns socialdemócratas. En total 408 votos a favor, 254 en contra e 33 abstencións.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    A equipa xurídica do Sindicato Labrego Galego vén de redactar e rexistrar unha queixa formal diante da Valedora do Pobo pola falla de resposta da Consellaría de Industria diante da petición expresa de declarar as caducidades das concesións mineiras Pastoriza 5562, Alicia 5917 e Karles 5919.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Resulta asombroso o incremento da exclusión total do galego no conxunto das cidades, onde só Vigo e Pontevedra amortiguan o impacto global da ausencia do noso idioma. O estudo realizouse en 941 centros públicos e privados ampliándose ao conxunto de Galiza. O propio profesorado dos centros sinala as dificuldades para favorecer a adquisión de competencias orais mínimas que permitan ao alumnado expresarse en galego con fluidez.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        SEN NOVIDADE

         
          NADA ESTÁ ASEGURADO MENOS...

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            CALENDARIO LABORAL 2017
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript