NÚMERO 345 - 20/02/2017
CUTUDC / Novidades
O pasado día 16 reuniuse a Xunta de Persoal e, posteriormente houbo unha reunión coa Xerencia que convocou ao órgano de representación cunha nova proposta de modificación da Resolución que regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo.
Como
informa a Xunta de Persoal na súa páxina web, a
proposta rexeitouse de plano, insistindo no acordo
unánime que se resume en que se o problema que se
intenta resolver é o da excesiva mobilidade do
persoal interino, o que corresponde é limitar esa
mobilidade sen que se dilúa o que se
pretende coa mellora de emprego.
Analizouse, tamén, na reunión da Xunta de Persoal a
dinámica á que se nos está a levar á Xunta de
Persoal con reunións express de arredor de media
hora para tratar un tema no que a Xunta de Persoal
ten moi claro que non vai facer concesións obviando
o tratamento doutros asuntos que tiñan que estar en
marcha. Para a modificación da resolución de xestión
de listas de agarda levamos 3 reunións deste tipo
mentres que non sabemos nada de acordos asinados e
que se tiñan que levar á práctica o ano pasado e dos
compromisos asinados que se teñen que concretar no
primeiro trimestre deste ano, tampouco sabemos nada
da comprometida reunión para tratar exclusivamente
sobre a acción social...
Na xuntanza posterior co xerente, púxoselle de
manifesto esta circunstancia sinalándolle a urxencia
de todo o sinalado, respondeu indicando que esta
semana trasladará unha proposta para a convocatoria
do concurso.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript