APA iniciou a súa andaina como unha alternativa unitaria que aglutinou a traballadoras e traballadores que, partindo do recoñecemento da diversidade de criterios existente no seu seo, entendeu que, tendo como base articuladora o asemblearismo, podíamos conseguir mellorar as condicións laborais, económicas e sociais das traballadoras e traballadores da UDC, defendéndoa como unha universidade pública, galega ao servizo da sociedade que sostén a súa actividade facendo posible a consecución dos seus obxectivos. Móvenos, tamén a defensa dos servizos públicos e a loita por unha sociedade na que prevaleza a xustiza social por riba dos intereses económicos.
Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 20 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
Comezan a aparecer as diferenzas entre o que foi a funcionarización realizada na UDC e que se está a abordar nas outras universidades. Se lembrades coa funcionarización a UDC aforrou directamente máis de 500.000€ que nós entendiamos e reivindicamos que se utilizasen ben para a propia fase de funcionarización con niveis axustados ás remuneracións reais evitando deste xeito as "mochilas", e/ou para homologar condicións económicas e sociais do colectivo de funcionarios, no que nos integramos o até daquela o PAS laboral, coas condicións que tiñamos o persoal laboral.
En que consiste esta proposta?. A quen vai dirixida? Estes interrogantes son cos que nos atoparemos á hora de explicar en que se basea esta demanda, que queremos dicir cando falamos de Amnistía Social. Pero teremos que facernos máis preguntas, e iso é o que queremos tentar responder con este documento.
A infanta Cristina está condenada, pero só a título lucrativo. Sae absolta do proceso penal con máis nada que unha multa de 265.000 euros, un prezo que fixo ao seu avogado “levitar de felicidade”, como el mesmo asegurou. Como a fianza que pagou ao empezar o xuízo foi de máis do dobre –587.413 euros– a sentenza saíulle literalmente a devolver.
O pasado día 16 reuniuse a Xunta de Persoal e, posteriormente houbo unha reunión coa Xerencia que convocou ao órgano de representación cunha nova proposta de modificación da Resolución que regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript