Febreiro de 2017
 
 

NÚMERO 345 - 20/02/2017

   CUTUDC / Novidades

  USC - FUNCIONARIZACIÓN
 

Reunión Xerencia – Representación d@s traballador@s

Comezan a aparecer as diferenzas entre o que foi a funcionarización realizada na UDC e que se está a abordar nas outras universidades. Se lembrades coa funcionarización a UDC aforrou directamente máis de 500.000€ que nós entendiamos e reivindicamos que se utilizasen ben para a propia fase de funcionarización con niveis axustados ás remuneracións reais evitando deste xeito as "mochilas", e/ou para homologar condicións económicas e sociais do colectivo de funcionarios, no que nos integramos o até daquela o PAS laboral, coas condicións que tiñamos o persoal laboral.

 

  • Noticias relacionadas

 

Todas aquelas reivindicacións quedaron en nada nunha gran parte polas presas en levar adiante a funcionarización perdendo así, en gran medida, a forza negociadora.
 
O sucedido na UDC parece que non vai pasar nas outras universidades galegas, o xerente da USC fixo xa unha proposta de distribución dos aforros derivados da funcionarización do seu PAS laboral que está en negociación. O problema que sinalan @s compañeir@s da USC é que a distribución non é uniforme e a Xerencia négase a aclarar os termos do reparto.
 
Segundo se nos sinala, a falta de claridade nun tema de tanta transcendencia imposibilita o acordo entre as partes.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript