NÚMERO 345 - 20/02/2017
CUTUDC / Novidades
Desde Erguer. Estudantes da Galiza valoramos moi positivamente o éxito da folga estudantil deste 16F, secundada polo 90% das estudantes de ensino medio e polo 80% das do universitario.
As dezaseis mobilizacións
realizadas en distintas cidades e vilas galegas
foron un éxito de convocatoria e nelas o estudantado
demostrou que quere un modelo de ensino radicalmente
distinto ao que se nos impón mediante a LOMCE e o
3+2.
A mobilización ten que seguir a ser a nosa principal
ferramenta para alzar a nosa voz e esixir que se nos
teña en conta na construción do sistema no que nos
formamos. Mentres a LOMCE siga sen estar plenamente
derrogada, o Decreto do 3+2 pendente de aplicar ou
un pacto educativo que é unha mera maquillaxe da
LOMCE en construción, seguiremos saíndo ás rúas a
defender o ensino público galego.
Seguiremos a construír movemento estudantil nas
comarcas galegas e a impulsar a autoorganización do
estudantado galego!
Erguer. Estudantes da
Galiza
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript