Febreiro de 2017
 
 

NÚMERO 345 - 20/02/2017

   CUTUDC / Novidades

  EGAP
 

Convocatoria de actividades formativas

O DOG do 17 de febreiro publica RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2017 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Varias destas actividades formativas diríxense a Persoal de administración e servizos das universidades galegas.

 

  • Noticias relacionadas

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula.
 
O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a seis en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript