NÚMERO 344 - 13/02/2017
CUTUDC / Novidades
Iniciamos a negociación da Resolución que regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo por varios motivos. Por un lado, parécenos absolutamente irregular que aspirantes, sen aprobar nin un só exercicio da oposición, poidan ser chamad@s por este procedemento, ulo os principios de igualdade, mérito e capacidade?. Por outro lado, asegurar, mediante a mellora de emprego, que as traballadoras e traballadores que acadasen postos máis altos nas listaxes de agarda tivesen máis posibilidades de estabilidade laboral. Tamén abordamos a negociación para rematar, dunha vez por todas, coas interpretacións que, dun xeito improcedente, se viñan realizando do regulamento anterior e que levaban a que un/unha traballador/a que estivese en dúas listas e que, estando en activo nunha delas, optase por ocupar un posto na outra, decaese automaticamente da primeira. Finalmente, tamén optamos por modificar o regulamento porque entendemos que se deben trasladar ao colectivo de PAS funcionario interino, xa ía sendo hora, os limitados dereitos dos que gozamos o PAS funcionario de carreira.
Deste
procedemento informamos noutros
boletíns e mesmo nas
asembleas que realizamos.
O primeiro que fixemos foi definir e plasmar por
escrito o que entendiamos por mellora de emprego.
Partimos dun criterio moi xenérico consistente en
que “todo o que mellora a situación e perspectivas
laborais do persoal interino pode ser considerado
como mellora de emprego”. Despois da pertinente
negociación na que traballamos con unanimidade da
Xunta de Persoal, chegamos ao pacto que contempla o
Artigo 5 da Resolución.
Unha vez posta en práctica a resolución, maniféstase
unha disfunción. A “excesiva” mobilidade do persoal
incide na eficiencia dos servizos pois, segundo
sinala algún deles non da tempo a que persoal se
forme nas tarefas propias do servizo.
O xerente traslada esta circunstancia á Xunta de
Persoal sinalando como primeira alternativa a
eliminación de todos os apartados do Artigo 5 da
resolución excepto o apartado a). A Xunta de Persoal
rexeita inmediatamente a proposta de Xerencia
sinalando que si a base na que se fundamenta a
Xerencia é a excesiva mobilidade do PAS interino, o
que compre é limitar esa mobilidade e non recortar
os aspectos considerados como mellora de emprego,
establecendo un tempo de permanencia para poder
optar á mobilidade, este espazo temporal fixouse,
por unanimidade da Xunta de Persoal en 6 meses.
Porque 6 meses? a verdade é que o tempo de
permanencia podía ser outro, estableceuse esa
temporalidade en base a que as contratacións de 3+3
meses, moi comúns nesta administración, sinalan unha
temporalidade na que á persoa que ocupa o posto
dálle tempo a coñecer a labor a desenvolver, e
realizala durante un tempo prudencial.
Nas sucesivas reunións, levamos tres xuntanzas
falando deste tema coa Xerencia, a última o pasado
día 9, insistimos na consideración sinalada, o
xerente segue a estudar a proposta alternativa.
Do concurso de traslados non sabemos nada. Non hai
resposta á
decisión adoptada pola Xunta de Persoal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript