NÚMERO 344 - 13/02/2017
CUTUDC / Novidades
O papel dos determinantes sociais da saúde na produción de enfermidade e na mortalidade, máis datos sobre o mesmo.
O Plan de
acción 2013-2020 da OMS para a prevención de
enfermidades crónicas non infecciosas define 7
obxectivos principais:
- Insuficiente actividade física
- Tabaquismo
- Hipertensión arterial
- Inxesta de sal
- Diabete
- Obesidade
- Alta inxesta de alcohol
Refírese a isto como os factores de risco 25 x 25,
co obxectivo xeral de reducir a mortalidade
prematura por enfermidades crónicas non infecciosas
nun 25% para o ano 2025.
No pasado, os factores socioeconómicos coláronse nos
informes globais das axencias internacionais como se
viu no informe da Comisión da OMS sobre
Determinantes Sociais da Sasúde no 2008 e na
Declaración de Río sobre Determinantes Sociais da
Saúde.
De todos modos, a pesar de que o baixo status
socioeconómico é un dos máis fortes preditores de
enfermidade e mortalidade no mundo, as pobres
circunstancias socioeconómicas, non forman parte das
estratexias preventivas modificables.
Pero SI son modificables tanto a situación
socioeconómica como as súas consecuencias sobre a
mortalidade con políticas no plano local, estatal e
internacional.
O artigo publicado na revista LANCET en xaneiro de
2017 vén confirmar de novo a importancia de actuar
sobre a variable socioeconómica e non dedicarnos só
a baixar a tensión arterial ou a adelgazar, aspectos
importantes de por si, pero insuficientes na
estratexia de saúde pública.
Pódese acceder ao texto do artigo na seguinte
ligazón:
Socioeconomic status and the 25 × 25 risk factors as
determinants of premature mortality: a multicohort
study and meta-analysis of 1·7 million men and women
Neste estudo participaron 1751479 persoas de
Inglaterra, Francia, Suiza, Portugal, Italia,
Estados Unidos e Australia.
O risco de mortalidade foi como mínimo un 38% maior
(HR homes 1,42 IC 95%1,38-1,45) para os homes e un
28% para as mulleres (HR mulleres 1,34 IC 95%
1,28-1,39) con baixo estatus socioceconómico en
relación cos de alto status socioeconómico.
A repercusión na poboación (medida como fracción
atribuible poboacional) é importante xa que se se
combate a variable baixo status socioeconómico
reduciríamos como mínimo un 17,63% a mortalidade nos
homes e un 12,76% nas mulleres). O beneficio maior
obtense coa redución do tabaco nos homes (cunha
redución mínima do 26,90% da mortalidade na
poboación exposta e nas mulleres coa inactividade
física (un mínimo do 20,42%).
Hai que fixarse que a mellora da situación económica
ofrecería un maior impacto de redución da
mortalidade na poboación que a redución da
hipertensión arterial, diabetes ou mesmo obesidade.
O baixo estatus socioeconómico (agrupando homes e
mulleres) foi asociado tamén a 2,1 anos de vida
perdidos entre as idades de 40-85 anos mentres se
perden 0,5 anos de vida por alta inxesta de alcohol,
0,7 por obesidade, 3,9 por diabete, 1,6 por
hipertensión, 2,4 por inactividade física e 4,8 por
fumar.
Estudos como este orientan as estratexias eficaces
de saúde pública e por onde deben ir as políticas.
SOS SANIDADE PÚBLICA
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript