Iniciamos a negociación da Resolución que regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo por varios motivos. Por un lado, parécenos absolutamente irregular que aspirantes, sen aprobar nin un só exercicio da oposición, poidan ser chamad@s por este procedemento, ulo os principios de igualdade, mérito e capacidade?. Por outro lado, asegurar, mediante a mellora de emprego, que as traballadoras e traballadores que acadasen postos máis altos nas listaxes de agarda tivesen máis posibilidades de estabilidade laboral. Tamén abordamos a negociación para rematar, dunha vez por todas, coas interpretacións que, dun xeito improcedente, se viñan realizando do regulamento anterior e que levaban a que un/unha traballador/a que estivese en dúas listas e que, estando en activo nunha delas, optase por ocupar un posto na outra, decaese automaticamente da primeira. Finalmente, tamén optamos por modificar o regulamento porque entendemos que se deben trasladar ao colectivo de PAS funcionario interino, xa ía sendo hora, os limitados dereitos dos que gozamos o PAS funcionario de carreira.
Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
Coa entrada en vigor da Lei 9/2009, do 6 de outubro, de ampliación da duración do permiso de paternidade nos casos de nacemento, adopción ou acollida, con efectos do día 1 de xaneiro de 2017. A Xerencia da USC ven de publicar unha instrución na que se recolle que enténdese procedente recoñecer, para todo o persoal, un día de permiso por nacemento, a gozar con anterioridade ao permiso por paternidade.
Desde a PAH elaboraron un novo documento útil, o Kit 46, para saber canto cobraron os bancos de máis, referente ás cláusulas chan e así poder reclamar esta cantidade co Kit 45. Para que o poida facer un mesmo, ou cunha pequena axuda, fixeron un vídeo tutorial que explica paso a paso como se calcula, de forma aproximada, o que estafou a banca coa cláusula chan desde que se firmou a hipoteca.
Facía xa tempo que non tiñamos un colectivo de traballadores ao que odiar con todas as nosas forzas e poder gritarlles "privilexiados!". Odiamos a funcionarios (parasitos!), mineiros (subvencionados!), profesores (vagos, todo o día de vacacións!), e por suposto aos máis odiables de entre os odiosos: os controladores aéreos, que tan bos ratiños de odio nos deron un verán.
Nesta tempada varios compañeiros interesáronse polo cómputo do tempo de servizo militar tanto para o cálculo de trienios como para a xubilación. A raíz da publicación no DOG da Resolución da Secretaría Xeral de Emprego que reflicte o acordo entre centrais sindicais e a representación da Xunta de Galiza recoñecendo o tempo de servizo militar no cómputo dos trienios do persoal laboral, preguntámoslle ao xerente se ese acordo podería ser de aplicación ao persoal laboral e funcionario da universidade. Sinalou que o consultaría na Asesoría Xurídica pero aínda non recibimos resposta. Feita a pertinente pregunta na asesoría xurídica propia sinalóusenos o seguinte.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript