NÚMERO 344 - 13/02/2017
CUTUDC / Novidades
O ministro español de Enerxía, Álvaro Nadal, asegurou que os españois “teranse que afacer” a que os prezos da electricidade sexan elevados en certas ocasións pola “volatilidade do mercado”.
Así mesmo,
asegurou que os prezos da electricidade son como os
impostos, que se poden baixar “se hai boa
recadación”, polo que só se reducirá o seu custo se
“a capacidade do sector vai aumentando” ata “ter
superávit da parte regulable”.
“O que non se pode facer é baixalo
irresponsablemente e xerar déficit tarifario”,
expresou o ministro.
Nas últimas datas o custo da electricidade foi
obxecto de fortes polémicas en España despois de que
os prezos se disparasen en plena onda de frío.
Segundo datos da Comisión Nacional dos Mercados e a
Competencia, esas variacións no custo da
electricidade afectan a 11,9 millóns de clientes
domésticos en España, que son os que teñen
contratada unha tarifa regulada en lugar dunha de
mercado libre.
O organismo regulador calcula que o 46,3% dos
clientes enmárcanse dentro do chamado mercado
regulado mentres que o 53,7% (13,9 millóns de
clientes) están no mercado libre, no que
habitualmente as empresas establecen unha tarifa
fixa.
Sputnik
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript