NÚMERO 344 - 13/02/2017
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Interinos
Son
unha traballadora interina, vexo que, por parte do reitor,
que se manifesta na boca do xerente, inténtase descafeinar a
resolución pola que se xestionan as listas de agarda. Podo
chegar a entender que se limite a rotación de traballadores
nos servizos. Non cedades nas outras cuestións. Se podedes
cambiar de campus e de quenda os fixos, porque non imos
poder facelo os interinos?, máis tendo en conta que só
ocupamos postos que non se cobren en comisión de servizos
polos funcionarios de carreira.
Teletraballo
Na
Xunta, aínda que dun xeito limitado, xa se pode optar por
esta modalidade. Agora o propio Congreso dos Deputados
aproba unha proposición non de lei na que se insta ao
goberno a regulación do teletraballo para os traballadores
da Administración Central. Cando se vai abordar esta
posibilidade na universidade?.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript