NÚMERO 344 - 13/02/2017
CUTUDC / Novidades
A Federación Sindical Mundial, en representación de 92 millóns de traballadores en 126 países de todo o mundo, reitera a súa firme solidariedade cos traballadores e o pobo colombiano. Ao mesmo tempo, a FSM, firme e fiel aos seus principios internacionalistas, expresa o seu total repudio contra a agudización dos asasinatos, atentados e ameazas á dirixencia sindical colombiana mentres tanto o Goberno elimina os esquemas de seguridade.
A FSM condena
da maneira máis enérxica o atentado criminal contra
a vida do noso compañeiro AUGUSTO ALMEIDA,
Secretario da Organización de SINTRAMIENERGETICA EL
PASO. Os nosos afiliados e amigos do movemento
sindical clasista de Colombia xa fixeran soar as
alarmas contra a vulneración dos esquemas de
seguridade por parte do goberno que non tomou medida
algunha para protexer a vida da dirixencia sindical,
fomentando desta maneira a acción criminal de varios
grupos da extrema dereita que seguen actuando en
plena impunidade. O asasinado do noso compañeiro
ALDEMAR PARRA GARCÍA foi unha proba tráxica de que o
derrame de sangue sindical continuará se non se
toman medidas inmediatamente.
A FSM suma a súa voz á do heroico pobo colombiano
que esixe da maneira inmediata o cesamento desta
onda de asasinatos, atentados e ameazas contra os
produtores da riqueza. Declaramos alto e claro que o
movemento sindical clasista de todo o mundo está á
beira dos nosos compañeiros e compañeiras de
Colombia que sofren por unha represión e persecución
destinada a silenciar as súas voces. Ademais,
chamamos ao Goberno para tomar medidas urxentes para
a protección dos sindicalistas e das súas familias
e, á vez, responsabilizamos aos entes de control
estatal por cada ameaza e arremetida contra o
movemento popular.
Como expresión do movemento sindical internacional,
brindamos unha vez máis nosa solidariedade cos nosos
irmáns de Colombia e pronunciámonos contra cada un
que queira identificar os sindicalistas cos
delincuentes dos grupos paramilitares da extrema
dereita.
Os nosos compañeiros e compañeiras non están sos!
Viva a solidariedade internacional da clase
traballadora!
Mans fóra do movemento sindical colombiano!
O Secretariado
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript