Número 343 - 06 de febreiro de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

Concurso de méritos, situación actual

Como vos dixemos no anterior PASquín, a Xunta de Persoal reuniuse o pasado día 30 de xaneiro para avaliar a situación na que, desde óptica dos servizos xurídicos de cada sindicato e agrupación electoral, nos sitúa a actuación de xerente e reitor ao respecto do concurso de traslados.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

 DEREITOS LABORAIS - SENTENZA
    Ata hai ben pouco, despedir a un traballador en situación de incapacidade temporal (baixa médica) saía moi barato. Entre outras razóns, porque Xulgados e Tribunais, en aplicación da doutrina imposta polo Tribunal Supremo, declaraban a improcedencia do despedimento, pero non a súa nulidade. Foi o pasado 23 de decembro cando o Xulgado do Social nº 33 de Barcelona resolveu declarar a nulidade a un traballador despedido durante a súa incapacidade temporal. Unha vez máis, O Tribunal de Xustiza da Unión Europea deixa a xustiza española en evidencia.
 MOBILIZACIÓN SOCIAL
    Varios membros da Plataforma Lugo de Cara ao Minho foron xulgados esta mañá. Antes houbo unha concentración en apoio das tres persoas denunciadas por INCA. Medio cento de persoas concentraronse á 9:30 de hoxe diante dos xulgados de Lugo. Os afectados protestan contra unha denuncia da empresa INCA, responsable das "obras ilegais" da fábrica da luz.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
    Levamos tempo berrando que estamos fartas da miseria das políticas sociais da Xunta de Galicia, que cada vez pon máis atrancos ás solicitantes e perceptoras da RISGA. Un exemplo do seu desinterese é que seguimos sen decreto que desenvolva a lei actual pasados máis de tres anos.
 CORRUPCIÓN
    A Fiscalía Anticorrupción solicitou á Audiencia Nacional a reapertura da instrución do caso que investiga o suposto financiamento ilegal no Partido Popular, cuxo líder, Mariano Rajoy, actualmente exerce como presidente do Goberno español.
 FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
    A FSM, en representación de 92 millóns de traballadores e traballadoras en cada recuncho do mundo, condena enerxicamente o decreto presidencial racista do goberno dos EEUU que prohibe o ingreso de viaxeiros desde sete países (Siria, Somalia, Sudán, Irán, Iraq, Libia, Yemén) nos EEUU, culpándoos de terrorismo “islámico”, separando os pobos do mundo segundo a súa relixión.
FMI

    O Fondo Monetario Internacional require ao Executivo español para aplicar máis axustes. Aumentar o IVE e o contrato único están entre as medidas que buscan, xunto a unha "revisión" do gasto en Sanidade e Educación (...).

ALEMAÑA. O QUE NON SE CONTA

    Case a metade dos traballadores alemáns cun “minijob” cobraron o pasado ano por debaixo do salario mínimo estipulado por lei no país, segundo revelou un estudo do Instituto Económico e Social (WSI).

• OPINIÓN - Jesús Cintora

    Agora que tanto se fala da electricidade, dos enchufes, dos ladróns e de curtocircuítos varios, acéndeselle a un a lámpada para falar de Arsenio Fernández de Mesa, o novo "conselleiro independente" de Rede Eléctrica de España. Naquel momento, distinguido cun soldo que non baixará dos 150.000 euros e cuns coñecementos da materia que arroxan luz sobre a "sorte" que teñen algúns.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
 USC - PAS
 CUT - ALTERNATIVAS NA XUSTIZA
    Un ano máis a Xunta de Galicia convocou, o pasado 29 de novembro, aos Sindicatos con representación sindical na Administración autonómica para o reparto das subvencións derivadas do Acordo do 5 de novembro de 2014, entre a Administración da Xunta de Galicia e CIG, CC.OO, UGT e CSIF por importe de 150.000€. A CUT Alternativas na Xustiza renunciamos ás subvencións e solicitamos se doen ao "banco de alimentos".
 O MACHISMO ASASINA
    O martes 31 de xaneiro convocadas polo movemento feminista galego realizáronse concentracións, nas principais cidades e vilas do noso país, en sinal de protesta ante o novo asasinato machista, desta volta unha muller de 55 anos no Carballiño.
 SOS SANIDADE PÚBLICA
    Copiamos a entrevista feita por Erik Dobaño a Roberto Rilo, da asociación ciclista Crunia, e Luis García, en representación da asociación galega de prevención do glaucoma, e membro de SOS Sanidade Pública. Na entrevista percíbese a reflexión e o respecto co que os dous, Roberto Rilo e Luis García, enfrontan problemas como mobilidade, tráfico, bicicleta, peóns, saúde. Todo un conxunto de aspectos da vida diaria vistos con amabilidade e con solucións.
 MOVEMENTOS SOCIAIS
    Os colectivos LGTBI galegos presentaron este venres no Parlamento a súa proposta de Lei de Identidade de Xénero, que recibiu o apoio de En Marea e BNG. O borrador parte das "10 propostas básicas" que foran impulsadas o pasado ano por Transforma Unión Trans, Arelas (Asociación de Familias de Menores Trans) e Ultreia, obtendo unicamente o compromiso BNG, En Marea, CxG e Ciudadanos, sendo rexeitadas frontalmente polo PP.
 VERDEGAIA
    Nesta fin de semana, o día 4 de febreiro, vai ter lugar un novo campionato de caza do raposo, que vai provocar o sufrimento e a morte inxustificada destes animais (ou dos que quen participe teña a ben matar). Dende Verdegaia apoiamos tradicionalmente as mobilizacións e protestas contra este tipo de actividades que fan da morte de animais unha diversión cruenta, neste caso baixo a etiqueta do deporte e a vida saudábel (así se promociona o evento!).
 REPRESIÓN
    O grupo de profesionais do Centro Irídia, Novact e Fotomovimiento que se atopan na fronteira do estado español con Marrocos relatan interrogatorios, seguimentos, intimidacións e a interposición de catro multas.
 LINGUA - SERMOS GALIZA
    As palabras seducen. Teñen a capacidade de modificar a percepción que temos da realidade e tamén de construíla. Afondamos no sexismo que agochan nunha ampla reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 231, á venda xa nos quiosques e na loxa. Deixamos aquí un extracto.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      CONTADOR DO CABREO

       
        ESSSTA BOQUIÑA!

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript