NÚMERO 342 - 30/01/2017
CUTUDC / Novidades
Cando a xustiza europea termine de desmontar os innumerables abusos hipotecarios, se queda tempo e forzas pode poñerse con outros abusos que tamén son typical spanish. Que sei eu, as cláusulas abusivas que contén o contrato que asinaches coa compañía eléctrica, ou as non menos abusivas cláusulas do contrato laboral que che fixeron en nadal.
Este xoves o Tribunal de Xustiza
Europeo volveu sacudirlle
unha sentenza á andrómena hipotecaria. Co seu
esotérica prosa xudicial veu a dicir o mesmo que un
puñado de sentenzas anteriores, e o mesmo que levan
anos denunciando os afectados: que a lexislación
hipotecaria española xoga a favor dos bancos e deixa
desprotexidas ás familias.
Acabariamos antes cambiando a lei e facendo un plan
de rescate para as familias; pero como o Goberno ten
cousas máis importantes, ten que vir a xustiza ao
seu ritmo paquidérmico. A base de anular
cláusula a cláusula, do contrato que asinaches
ao comprar a casa non vai quedar nin a firma. A
última onte:
unha sentenza que permite aos xuíces estudar
todas as cláusulas e paralizar desafiuzamentos, e
que
segundo a PAH abre a porta para revisar todos os
desafiuzamentos.
Como dicía ao principio, cando os xuíces europeos
acaben de revisar as hipotecas, poderían poñerse coa
lexislación laboral. Porque se de abusos falamos, o
mercado de traballo español vai sobrado.
Onte a EPA volveu confirmar que o traballo con
dereitos está a ser substituído por precariedade,
que serve para presumir de cifras pero non para
chegar a fin de mes.
Como nisto tampouco podemos contar co Goberno,
haberá que esperar a que dentro duns anos a xustiza
europea nos confirme o que xa sabemos: que igual que
cando subscribías unha hipoteca e entregabas a túa
alma ao director do banco, agora cando firmas un
contrato de traballo quedas a mercé da empresa, que
pode abusar da temporalidade, o tempo parcial, os
salarios mínimos, as horas extra e os cambios de
xornada. E todo perfectamente legal. Tan legal como
unha cláusula chan ata hai dous días.
Haberá que esperar a que o tribunal de Luxemburgo
diga un ano destes que os contratos por horas son un
abuso, ou que se nos está indo a man cos falsos
autónomos, ou que o de facerche un contrato parcial
para logo incharte a facer horas extra non é moi
exemplar.
Hai uns meses xa soltou unha sentenza sobre a
indemnización de despedimento
aos interinos, pero a resposta do Goberno foi
taponar a ferida cunha comisión de expertos que
aínda segue reunida, e que parece que
tampouco concluirá nada.
Podemos esperar sentados a que unha sentenza nos dea
a razón dentro duns anos, ou podemos aplicar aos
abusos laborais o mesmo método que moitos afectados
aplicaron aos abusos hipotecarios: o método PAH,
unir forzas para defender os teus dereitos.
Zona Crítica
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript