NÚMERO 342 - 30/01/2017
CUTUDC / Novidades
@s acusad@s considéranse vítimas dunha “montaxe” que pretende “dar a volta ao ocorrido” durante un acto que Ignacio Diego protagonizou fai tres anos na Universidade de Cantabria, así como “atemorizar a protesta social”. @s nove moz@s, que reafirman o seu compromiso coa defensa da educación pública, difundiron diversos vídeos que desmontarían a versión dos denunciantes e continúan solicitando apoios.
Nove moz@s de
Cantabria, na súa maioría alumn@s ou antig@s alumn@s
da Universidade de Cantabria (UC), enfróntanse a
unha petición de penas de ata 12 anos de cárcere que
suman un total de 42 anos de prisión por unha
protesta pacífica en defensa da educación pública
que protagonizaron fai tres anos no campus da UC en
Santander. Nunha resolución notificada o pasado 13
de xaneiro, a Audiencia de Cantabria desestima o
recurso d@s acusad@s e confirma o auto do titular do
Xulgado de Instrución nº 4 de Santander, que hai
dous anos imputou @s nove moz@s.
Os feitos remóntanse ao 17 de febreiro de 2014,
cando o entón presidente autonómico e actual líder
do PP de Cantabria, Ignacio Diego, acudiu á UC para
participar nun acto titulado ‘Teño unha pregunta
para vostede', que foi publicitado como “un
exercicio de transparencia” para “expor ao
presidente da nosa comunidade as nosas reflexións e
inquedanzas”. Cando un grupo de moz@s comprometid@s
coa defensa da educación pública, que decidira
participar no acto, tratou de acceder ao edificio
para formular a Diego diversas preguntas
relativas aos recortes educativos do seu Goberno,
un dispositivo de seguridade privada impedíullelo,
polo que o grupo decidiu esperar ao final do
encontro para protestar pacificamente tanto polos
recortes educativos como pola súa exclusión do acto,
que fora anunciado como “de libre acceso ata
completar aforamento” e ao que acabou non acudindo
practicamente ninguén. Foi durante esa protesta tras
finalizar o encontro cando se produciron os feitos
polos que nove daqueles mozos se enfrontan aínda a
penas de ata 12 anos de cárcere.
Consultados por este diario, os acusados –agrupados
no colectivo Preguntar Non É Delito– reafirmaron o
seu compromiso coa defensa da educación pública e
insistido en que se consideran vítimas dunha
“montaxe” que pretende “dar a volta ao ocorrido
aquel día e atemorizar a protesta social”, e para
tentar contrarrestar esa suposta montaxe difundiron
diversos vídeos dos feitos, gravados con
móbiles tanto por protagonistas dos mesmos como por
membros do Consello de Estudantes da UC desde as
súas oficinas. Tanto eses vídeos como o
testemuño dunha xornalista que cubriu a protesta e
que xa testificou ante o xuíz corroborarían a
versión dos acusados e desmontarían a de Diego e o
seu entón xefe de Gabinete, xefe de Seguridade,
gardacostas e chofer. “Aquel día prohibíusenos o
paso de forma absolutamente impropia dunha
universidade, isto deu lugar a unha protesta
lexítima en defensa da educación pública, sufrimos
agresións gratuítas da escolta do presidente e agora
un proceso xudicial inxusto baseado en flagrantes
manipulacións dos feitos que, polos seus relatos
coincidentes ante o xuíz ou as facturas falsas
presentadas, parecen ser deseñadas desde o poder”,
insisten os mozos no seu blogue ‘preguntarnoesdelito.blogspot.com.es'.
Desde que fixeron público o seu caso, @s nove moz@s
non deixaron de solicitar apoios do ámbito
universitario, do político –o propio presidente
autonómico e secretario xeral do PRC, Miguel Ángel
Revilla, expresou todo o seu apoio aos acusados– e
da sociedade civil en xeral. Tras coñecerse a
resolución da Audiencia de Cantabria notificada o
venres 13, eses apoios –que incluían unha
multitudinaria
rolda de prensa colectiva e unha campaña de
autoinculpacións – intensificáronse. Tamén as
denuncias sobre a suposta montaxe do que estarían a
ser vítimas. Así, o secretario xeral de Podemos
Cantabria, Julio Revuelta, manifestou que os
acusados están a ser “perseguidos inxustamente por
defender unha Cantabria mellor para todos”, o
parlamentario autonómico da formación morada José
Ramón Blanco criticou as “mentiras” dos
denunciantes, EU Cantabria destacou o “proceso
represivo” que sofren @s nove moz@s, e Cantabria Non
Se Vende asegurou que o poder que os persegue é
“indigno de chamarse Xustiza”.
El Diario Cantabria
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript