NÚMERO 342 - 30/01/2017
CUTUDC / Novidades
Embora anunciar esta posibilidade, non se pode acceder nesta páxina a ningún dos idiomas cooficiais no estado. A ter en conta no día en que o novo presidente de EUA recibe críticas por eliminar o castelán da web da Casa Branca.
Donald Trump
eliminou a opción de español da
páxina oficial da Casa Branca. Unha decisión
que, para alén de suprimir a posibilidade de ler esa
web oficial nunha lingua falada en Estados Unidos
por máis de 40 millóns de persoas (a segunda máis
falada, após o inglés), interprétase como un ataque
do novo presidente dos Estados Unidos ao pluralismo
cultural e lingüístico do país. Laios e críticas que
tamén lle choveron desde o estado español, desde o
goberno, desde institucións como a Real Academia
Española, mais tamén de poderosos grupos de
comunicación.
Porén, a
páxina oficial da Moncloa (equivalente no estado
español, salvando as distancias, á Casa Branca en
Estados Unidos) tampouco se poder ler nos idiomas
que falan millóns de habitantes no estado español.
Algo que lembran e denuncian desde
A Mesa: "A opción de galego da páxina da Moncloa
está eliminada. Só se traducen as palabras "goberno",
"consello" e "hoxe. Igual acontece co
euskera ou o catalán. Así pois, estas línguas fican
só para nomear algúns apéndices da páxina, sen haber
contido real nas mesmas.
En Estados Unidos non hai un idioma que teña a
declaración de ser o oficial, do país embora o
inglés leva desenvolvendo ese papel desde o
nacemento dos EUA. No estado español, galego, vasco
e catalán teñen a declaración de cooficiais nos seus
respectivos territorios.
Sermos Galiza
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript