NÚMERO 342 - 30/01/2017
CUTUDC / Novidades
Verdegaia súmase á condena do asasinato de Aldemar Parra García e expresa as máis profundas condolencias á súa familia. A sucesión dos feitos foi do seguinte xeito, o 7 de xaneiro, Aldemar foi asasinado por dous pistoleiros sen identificar nunha motocicleta na ruta de El Hatillo a La Loma, en plena luz do día. Era un líder da comunidade e sindicalista activo, ata hai pouco empregado na mina de Colombian Natural Resources (CNR). Parra deixa esposa e dous fillos.
Contexto
rexional
O asasinato de Aldemar non é un incidente illado.
Desafortunadamente, este asasinato encaixa nun
estándar de violencia contra a sociedade civil e os
seus líderes que vemos en toda Colombia e na rexión
mineira de Cesar. Segundo o informe "sociedade civil
baixo ameaza", en Cesar, polo menos 200 líderes
convertéronse en vítimas de ameazas, agresións e
asasinatos durante o período 2012-2016. É importante
destacar que todas estas vítimas son líderes
sociais, cuxos esforzos son considerados por algúns
sectores da poboación de Cesar críticos co impacto
das actividades mineiras na rexión. A maioría destes
actos son reivindicados por ou levan a sinatura de
grupos neo-paramilitares, que din defender os
intereses das empresas de minería e outros axentes
económicos na zona. Por exemplo, no pasado setembro
Néstor Iván Martínez, líder dunha comunidade
afro-colombiana que se opoñía á expansión das minas
propiedade da empresa mineira americana Drummond,
foi asasinado pouco despois de ser ameazado por un
grupo neo-paramilitar.
Aldemar era un membro activo da comunidade de El
Hatillo; unha comunidade rural que, desde 2010 veuse
implicada nun longo proceso de reassentamento
involuntario con tres empresas de minería. Era un
membro da familia de varios líderes comunitarios
críticos cun plan de reassentamento recentemente
proposto polas empresas de minería. Desde o inicio
de decembro, os habitantes de El Hatillo informaran
da presenza de homes armados non identificados nos
arredores durante as horas de escuridade. O 9 de
decembro un dos membros do equipo de negociación
recibiu unha chamada dicindo:
“Cierren el PAR y no jodan más con tutelas para que
vea que ahora las empresas mineras si los van a
mandar matar.”
A condena do asasinato de Aldemar por Prodeco e
Drummond (como un incidente específico) é un
primeiro paso, pero máis accións son necesarias para
mitigar eficazmente a violencia contra a sociedade
civil, en Cesar. Instamos:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript