Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 342 - 30/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA DE AFECTAD@S POLA HIPOTECA
 

A PAH esixe a nulidade de todas as execucións hipotecarias desde 1995 avalada polo TXE

A sentenza emitida hoxe polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea é a oitava sentenza que confirma e dá a razón ás que levamos 8 anos denunciando a estafa hipotecaria e a complicidade dos diferentes gobernos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non é unha sentenza máis, xunto ás 7 anteriores, que dita que a normativa hipotecaria española é anómala, inxusta e ilegal, contraria á directiva Europea de 1993, e que lembramos, o estado tiña de prazo para adaptala ata o 31 de decembro de 1994.
 
Dicimos que non é unha sentenza máis porque esta vén dicir que é ilegal e nula a cláusula do vencemento anticipado das hipotecas. Esta cláusula contéñena todas as hipotecas. Cláusula que permite á banca reclamarche a totalidade da débeda pendente, máis os intereses correspondentes unha vez deixaches de pagar 3 cotas. O caso analizado na sentenza do TXUE, presentado por un xuíz de Santander, cuestiona que a falta de pagamento de 7 mensualidades dun total de 564 cotas mensuais das que constaba a hipoteca fose suficientemente grave como para aplicar o vencemento anticipado.
 
Cando chegas a este punto, e o banco reclámache de golpe que pagues a totalidade da hipoteca dunha vez, loxicamente non podes pagar de golpe, o banco, amparándose nesta cláusula executa xudicialmente a hipoteca; proceso que te condena ao desafiuzamento e a unha débeda para sempre. Dado que é precisamente nesta cláusula na que basean todas as execucións hipotecarias, podemos afirmar sen ningún temor que todas as execucións hipotecarias e desafiuzamentos realizados desde o 1 de xaneiro de 1995, data en que deberon ser implementadas as medidas contidas na directiva 93/13/CE, fórono mediante a aplicación dunha lexislación que ademais de inxusta, inhumana e criminal, era tamén ilegal. Lexislación que, a día de hoxe, segue sendo contraria á normativa UE en materia de dereitos dos consumidores, afectando tamén a un Dereito Fundamental que é como temos que considerar o Dereito á Vivenda.
 
Desde a PAH denunciamos unha vez máis a violación sistemática dos dereitos humanos e da propia constitución española con todas e cada unha das execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que sufrimos nos últimos anos. Denunciamos a anomalía e ilegalidade da lei hipotecaria española, alertamos de que hai vidas en xogo e desenmascaramos a estafa hipotecaria.
 
Cabe lembrar, que o Tribunal Supremo xa declarou a nulidade parcial deste tipo de cláusulas abusivas, pero propoñía substituír o inicio da execución hipotecaria de 1 falta de pagamento a 3, como incluíu a lei 1/2013. Tanto esta lei como o Tribunal Supremo non parou de recibir paus nas 8 sentenzas do TXUE que xa acumulamos nesta materia.
 
Agora, con esta nova sentenza anunciamos que imos esixir e a reclamar a declaración de nulidade de todas as execucións hipotecarias e os desafiuzamentos que se produciron desde 1995 e facémolo coa razón que nos dá o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Non só imos esixir a declaración de nulidade, senón a restitución de dereitos e a reparación dos danos producido a máis de 700.000 familias desde 2008 e a todas aquelas que sufriron as consecuencias desde 1995 da ilegal lei hipotecaria española.
 
Nos próximos días faremos un chamamento para iniciar esta campaña de nulidade de execucións hipotecarias, desafiuzamentos e a esixencia de restitución de dereitos e reparación de danos, para presentar esa campaña, convocámolos á rolda de prensa que daremos mañá venres, día 27 a partir das 11 horas diante da porta do Tribunal Supremo en Madrid.
 
#TJUEconLaPAH
 
Recollido de Kaos en la red
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript