NÚMERO 342 - 30/01/2017
CUTUDC / Novidades
Aumentan en case un 90% a respecto do inicio da crise. Os sindicatos alertan de que esta situación sitúa estas familias no disparadeiro da exclusión social e a pobreza.
En Galiza o número de fogares onde non entra
ningún ingreso supera xa os 37.000. Son, segundo a
Enquisa de poboación activa (EPA) do IV trimestre,
37.100, unha cifra que rexistra un aumento de 2.300
fogares a respecto do III trimestre. No exercicio
anterior eran 35.500 os fogares nesta situación O
dato do cuarto trimestre supón tamén un incremento
de 88% se o comparamos co ano 2009. Os sindicatos
advirten do insostíbel desta situación, na que se
sitúa miles de familias galegas á beira da pobreza e
a exclusión social.
No noso país hai, tamén segundo a EPA, 69.600
fogares con todos os seus membros no desemprego. É
unha cifra que supón unha mellora a respecto do ano
anterior, 2015, cando eran 75.000 os que padecían
esa situación. Porén, é un número que é 55% superior
ao que había en 2009. E supera en 4.400 fogares os
que estaban rexistrados en 2011 con todos os seus
membros no paro.
A EPA tamén indica que Galiza despediu o ano con
118.900 persoas no paro de longa duración. Delas,
88.000 levan dous ou máis anos á procura de emprego.
Outro dato a ter en conta é que de cada cen persoas
que teñen en Galiza un contrato a tempo parcial, 61
están nesta situación dun xeito involuntario,
basicamente, por non ter atopado outra saída
laboral.
Sermos Galiza
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript