Número 341 - 23 de xaneiro de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

Renegociación permanente

O ano 2015, a negociación da Oferta de Emprego Público (DOG Venres, 6 de novembro de 2015) levounos a aprobar catro prazas todas elas da Escala Técnica. A Xunta de Persoal condicionou o seu apoio a que a OEP de 2016 contemplase, exclusivamente, postos base da Escala Xeral. Posteriormente, xa en campaña electoral acordamos a modificación puntual da RPT xunto cun calendario de promocións e a convocatoria dun concurso de méritos que contemplaría todas as prazas vacantes.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

EMPREGO PÚBLICO

    Da conferencia de presidentes de comunidades autónomas, realizada o 17 de xaneiro, fíxose público que entre os acordos alcanzados e dentro do apartado “Acordo da Conferencia de Presidentes sobre o desenvolvemento e aplicación da lei de garantía da unidade de mercado, administración dixital e emprego público” contémplase que, ademais da taxa de reposición, da análise da interinidade, de impulsar a administración dixital, acórdase potenciar a mobilidade interadministrativa.

 ACCIÓN SINDICAL - CUT GALIZA
    A fin de semana pasada un Secretariado Nacional monográfico vén de promover a celebración do noso VI Congreso Nacional para o 28 de outubro de 2017 na cidade de Vigo. Como regresando a aquelas nosas orixes, xa agora lonxanas, nas que a CUT se edificaba, hai 18 anos, sobre un substrato esencial de traballadores do mar e mulleres da conserva aportamos novamente sobre unha das cidades galegas máis labradas polo mar.
 SANIDADE PÚBLICA
    A Asociación O Defensor do Paciente recibiu durante o ano 2016 un total de 765 casos de posibles neglixencias sanitarias en Galicia, unha cifra que sitúa á comunidade como a quinta na que se recibiron máis queixas a nivel estatal.
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL

    O senado arxentino o 30 de novembro de 2016 converteu en lei a expropiación do Hotel Bauen a favor da cooperativa das súas traballadoras e traballadores despois de case 14 anos de loita. Ao entrar en vixencia esta lei consolidábase a autoxestión do persoal traballador e facíase xustiza histórica, pois os vellos propietarios do hotel construírano cun crédito público outorgado pola sanguenta ditadura militar de 1976-83 e que nunca se devolveu.

ADEGA

    É a 16ª edición dos premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, moi presentes no fallo deste ano.

FACUA

    A factura da luz do usuario medio de comezos de xaneiro é a segunda máis cara da historia, segundo a análise de FACUA-Consumidores en Acción. Así, coas tarifas do primeiros quince días do ano, un usuario medio pagaría 84,57 euros mensuais (impostos incluídos), só por baixo dos 88,66 euros de entre xaneiro e marzo de 2012.

FAO

    A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO, pola súa sigla en inglés) reportou este xoves que no últimos oito anos, os prezos de alimentos a nivel mundial eleváronse nun 138 por cento. O organismo recalcou que desde 2009 ata o que vai de 2011, a tonelada de alimento elevouse de 97,7 a 233,5 dólares.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Para desmentir o tópico xornalístico de que poucas cousas hai máis escuras que a factura da luz, propúxenme desentrañar o mercado eléctrico en plan “a subida da luz para dummies”, ou mellor aínda: ser capaz de explicarllo á miña filla pequena, de cinco anos. En fin, ser capaz de entendelo mesmo eu.

    
  •   
 
 XUNTA DE GALIZA

    Nos últimos anos a precariedade incrementouse na administración de xeito exponencial, a perda de emprego, o incremento da temporalidade, a laminación de dereitos laborais, sociais, económicos e a perda da cantidade e calidade do servizo que ofrecemos á sociedade son algúns dos efectos máis salientables desa denominada “crise” que lle serviu de escusa ao estado neoliberal para, ademais do sinalado, deixar na miseria a gran parte da poboación sen o sustento dos servizos públicos afogados economicamente, privatizados cando non eliminados directamente.

 UVIGO – PAS LABORAL
    O Consello de Goberno da Universidade de Vigo ben de comunicar ao Comité de Empresa de Pontevedra a desestimación do Recurso de Reposición que interpuxera contra a aprobación da RPT.
 USC
    Máis de 50 profesores da USC asinaron o manifesto contra os plaxios do reitor da Universidad Rey Juan Carlos (URJC), Fernando Suárez Bilbao, e que afectan a numerosos investigadores e docentes de distintas universidades españolas, entre eles, ao medievalista Carlos Barro, da Facultade de Historia da USC.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
    Foron moitos meses de resistencia, pero o luns celebrabamos todas na parroquia do "Cristo da Vitoria" que o policía local retiraba a acusación contra Diego, o día antes do xuízo.
 SOS SANIDADE PÚBLICA
    O Sergas non abandonou o proxecto de crear áreas de xestión clínica, só o aparcou ante a gran mobilización da sanidade pública. O que pretendía era que os profesionais estivesen incentivados para aforrar xa que o aforro dun determinado presuposto anual repartiríase entre eles mesmos. Os profesionais xa dixeron unha primeira vez que NON.
 REPRESIÓN
    A Audiencia Nacional retira a medida cautelar imposta aos 9 independentistas detidos no marco da ‘Operación Jaro’ e pola que se lles prohibía abandonar o estado español. A decisión ten lugar apenas unhas semanas despois de que este órgano xudicial decidise devolver a condición legal a Causa Galiza, após máis dun ano de ‘ilegalización’ de facto da organización.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    O Sindicato Labrego Galego apoia as mobilizacións que se producirán mañá, 21 de xaneiro, en vilas e cidades de toda a Unión Europea contra o acordo de libre comercio con Canadá (Comprehensive Economic and Trade Agreement-CETA) porque traerá consecuencias nefastas para os nosos sectores agrogandeiros, especialmente o porcino ou o da carne de vacún.
 LINGUA - GALICIA CONFIDENCIAL
    Ourense acolleu esta mañá a presentación dunha iniciativa para normalizar o galego na rede, sobre todo entre os máis mozos. O Concurso Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      TRAGADEIRAS

       
        A DIGNIDADE

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript