NÚMERO 340 - 16/01/2017
CUTUDC / Novidades
A xustiza volve condenar a Xunta por irregularidades nos procesos de selección a prazas do seu corpo administrativo. Nunha sentenza dura, clara e con fortes reproches, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga a Consellería de Facenda a nomear funcionaria do grupo A1 unha opositora que fora suspendida xa que considera probada a existencia dunha "conxura do tribunal cualificador con burla das bases da convocatoria", así como "patente" o "panorama indiciario de maquinación evidenciado pola demandante".
O modus operandi
para o amaño destas oposicións foi tan ruín como
evidente. Tal e como tamén se detalla na sentenza
-feita pública polo sindicato CSIF-, a oposición
constaba de varios exercicios cuxas cualificacións
sumadas e ponderadas establecerían o resultado final
da proba. No entanto, xa no segundo, o tribunal
"declarou tantos aprobados como prazas convocadas".
De 50 aspirantes que pasaran o primeiro exercicio
corrixido automaticamente por unha máquina, quedaron
15 tras a corrección polo tribunal.
"O tribunal cualificador, ben por inercia, economia
procedimental, ignorancia ou erro... furtou a
posibilidade aos restantes aspirantes de aprobar o
segundo exercicio" aclara o ditame do TSXG, que
asegura que "a sospeita vertida pola demandante de
existencia dunha conxura [...] con burla das bases
da convocatoria elévase [...] a convicción probada
polo principio de facilidade probatoria en mans da
Administración e polo patente panorama indiciario de
maquinación evidenciado pola demandante".
A noticia completa en Praza Pública
Sentenza
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript