NÚMERO 340 - 16/01/2017
CUTUDC / Novidades
O Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña necesita máis medios, máis funcionarios e unhas novas instalacións que impidan que se crucen vítimas e maltratadores. Porque, segundo sinalan os funcionarios, en ocasións coinciden «as vítimas e os seus verdugos», e «iso non pode pasar de ningunha das maneiras», din quen alí traballan, que levan anos queixándose dunhas deficiencias «pésimas».
Todos os días,
os oito funcionarios, unha secretaria xudicial e o
xuíz levántanse para ir traballar sen saber durante
cantas horas. Oito, dez, doce... Resolven todos os
anos ao redor de 1.200 asuntos, tanto penais como
civís.
Os funcionarios teñen que facer de todo. De
psicólogos, cando as vítimas, na maioría dos casos,
aparecen esnaquizadas, sen saber que facer nin onde
acudir. Asesóranas e danlles consolo. Ou, cando a
que acode a declarar faio cos seus fillos porque non
ten con quen deixalos, estas mulleres cóidanllos. Ou
desvívense por localizar a familiares que lles dean
acubillo. Non teñen nin un minuto de respiro -nesta
última quincena están a facer xornadas de dez
horas-. Porque desde que unha vítima entra no
xulgado «vólvese todo urxente», pois o xuíz debe
decretar as medidas no mesmo día. E se hai menores,
débese decidir con quen se vai o neno, se o pai o
pode ver, se este ten que levar unha pulseira
telemática... Son moitos os asuntos, autos, decretos
que hai que escribir e resolver, como
quebrantamentos de condena, ordes de afastamento,
encargar e recibir informes forenses...
Din ademais que, se o equipo psicosocial do Imelga
fose máis numeroso, podería haber un psicólogo
permanente no xulgado para asistir ás vítimas. E se
o xuíz contase con máis funcionarias, as vítimas
recibirían mellor resposta e apoio.
Javier Fernández, de Alternativas na Xustiza-CUT,
lamenta que a situación provoca que «as medidas
provisionalísimas teñen máis de catro meses de
atraso». A maiores, o número de procedementos
aumentou este ano. Os civís subiron un 30% e os
penais o dobre.
La Voz de Galicia
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript