Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 340 - 16/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  TERRORISMO PATRONAL
 

2016: despedir ás mortes do terror patronal

Ás obreiras e aos obreiros tócanos ano a ano a dura e triste tarefa de sobrepoñernos para recibir con enerxía e militancia transformadora o novo ano, mentres despedimos ás nosas compañeiras e compañeiros de clase que sucumbiron ao terror patronal. Este ano en Galiza, 53 traballadoras e traballadores mortos, en máis de 25 mil accidentes laborais.

 

  • Noticias relacionadas

 

Con estes datos provisionais do outono deste ano, posto que non están fechados os do último trimeste, e con máis de 400 traballadoras e traballadores mortas en todo o Estado, o máis duro desta despedida é que tales mortes viñeron a ser maquilladas en cifras, en titulares ambigüos, e na máis brutal impunidade para os responsables. Foron quedando atrás, sen rostros e sen nomes. Sen voces.
 
A procura patronal de lucro está por riba das nosas vidas. A sinistralidade laboral non é inevitable, ten responsables, ten causas, e pódese frear. Non se nos ocorren mellores palabras que, malia as distancias, a vella carta do preso anarquista Pablo Serrano para dicirlles adeus. Datada en 1988 pero tan condenadamente actual:
 
” …atrás do voso sangue están os uniformados de verde ou marrón, de negro ou de calquera cor… Atrás do voso sangue están os Termes, os Botín, os Cuevas, Felipes, Solchagas ou Nicolás… Atrás do voso sangue está toda a canalla da promesa electoral… (…) A vosa voz pide xustiza e sinala á Banca, á patronal e ao Goberno, policía, militares, Igrexa e clero… o pobo non esquece e cando se organiza e loita, o mañá revolucionario está cada vez máis preto (…)”

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript