Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 340 - 16/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Sitaución actual

Despois da mobilización do día 22 de decembro, o xerente convocou á Xunta de Persoal, o día 10 de xaneiro, para transmitirlle unha proposta mediante a que teoricamente pretendía reconducir a situación. A proposta que se nos transmitiu é inaceptable para nós, así llo fixemos saber. O xerente convocou, de novo, á Xunta de Persoal, o luns, día 16, para presentar unha nova alternativa. Nesa reunión a Xunta de Persoal reivindicará, de novo, a execución do acordado.

 

  • Noticias relacionadas

 

O pasado venres, día 12, o Servizo de PAS remitiu á Xunta de Persoal a Resolución de Xerencia sobre comisións de servizo, derivadas do proceso de funcionarización, que rematan en xaneiro de 2017, mediante a que esta Xerencia reitera a ilegalidade que, ao noso entender, cometeu o anterior xerente e que está pendente de resolución no xulgado. Se a denuncia presentada no seu día ten unha sentenza na que se establece a ilegalidade do proceder institucional, afectará, tamén, á Resolución de data 11 de xaneiro de 2017.

Sinalar que, en ningún momento, se consultou coa Xunta de Persoal a decisión que reflicte a Resolución.
 
Que o informe que se emitiría sería, en todo caso, negativo ao incumprir a normativa xeral así como a da propia institución.
 
Na Resolución sinálase que a situación terá “fin coa adxudicación definitiva dos post
os afectados no  concurso a convocar en breve”, facendo referencia a un concurso que xa se tería que ter convocado en outubro do ano pasado. A este ritmo estas comisións de servizo serán a perpetuidade.
 
Por outra parte, entendemos que estas resolucións deben publicarse para coñecemento xeral porque lesionan dereitos de todo o colectivo de PAS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript