Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 340 - 16/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  CUT
 

Nace a Sección Sindical de Bibliotecas e Arquivos

Neste mes de decembro naceu unha nova sección sindical da CUT. Desta volta no Servizo de Bibliotecas e Arquivos da Xunta de Galiza. Co epicentro na compostelana Biblioteca Ánxel Casal, as compañeiras e compañeiros denuncian que nun contexto de “forte incremento das desigualdades no conxunto da sociedade” a Administración galega quere dar un paso máis agora para “substituír ao persoal bibliotecario por persoal sen ningún tipo de formación específica ou experiencia” comprometendo a prestación dun servizo que nos pertence a todas e todos, e que forman parte dos dereitos esenciais de calquera sociedade que queira presentarse como democrática.

 

  • Noticias relacionadas

 

O compromiso das obreiras e obreiros coa cultura debe demostrarse tamén agora. Acompañar ás nosas compañeiras e compañeiros para evitar que a Administración destrúa outro servizo esencial é un principio ético de tod@s nós.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript