NÚMERO 340 - 16/01/2017
CUTUDC / Novidades
O calendario editado pola Área de Normalización Lingüística da Uvigo fomenta o uso da lingua propia a través do sorriso e a reflexión sobre tópicos e prexuízos en torno ao galego.
“- Con el gallego no
se va a ningún lado
Non ho! Con iso xa abonda coas pernas”
Este texto da viñeta de Luis Davila, O Bicheiro,
acompaña o mes de agosto do calendario 2017 que vén
de editar a Universidade de Vigo a través da
súa Área de Normalización Lingüística e baixo o lema
‘Na universidade en galego, sen prexuízos”.
“- No hablo gallego porque lo hablo fatal
Pois non dis o mesmo cando vas a Londres a
practicar o inglés”.
Unha viñeta por cada mes do ano que se converten nun
sorriso e unha reflexión por cada un dos 12 meses.
En cada unha delas emprégase o humor para desarmar
tópicos e prexuízos sobre o noso idioma e incentivar
a falalo. Como a correspondente ao mes de xuño. Nela
vese a unha turista preguntando por un lugar a un
mozo
“- Pero fálalle castelán. Non sexas maleducado.
Non vés que é de fora!”, recrimínalle unha
veciña ao mozo. “Estámosche bos! Non mo pide ela
e vaimo pedir vostede!!” responde o rapaz.
Ou a viñeta de xaneiro, na que unha mestra pregunta
na escola a un neno que deambula polo patio “¿Que
perdiste, Roi?”. “A lingua”, contesta a crianza.
Un proxecto que é moito máis que un simple
calendario e que se pode
descargar na propia páxina da ANL da Universidade.
Sermos Galiza
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript