Número 340 - 16 de xaneiro de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

Consideracións sobre a actual situación

Na primeira reunión que tivemos co actual xerente sinalámoslle que non desexabamos que se producira unha xudicialización das relacións entre as dúas partes sendo as posibles resolucións que se adoptasen froito dunha negociación na que primase o principio da boa fe.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADE

    No PASquín 335 publicamos a sentenza do Xulgado do Contencioso - Administrativo número 3 de León que ditaminaba que os días de asuntos propios pendentes de gozar, por estar en situación de incapacidade temporal, teñen a mesma consideración que os días de vacacións.

 ABUSOS SEXUAIS NA UNIVERSIDADE
    A noticia que estes días difundiron os medios de comunicación demostra que a universidade non está libre da lacra que supón a consideración da muller como un mero obxecto sempre ao dispor dos desexos do home, neste caso un catedrático. En ámbitos reducidos como as administracións, servizos, clases... non poden pasar desapercibidos nin o acoso, nin os abusos, nin a persecución a que estes individuos someten ás vítimas. Estas execrables accións son evitables no ámbito universitario e, de se producir, a actuación institucional rápida e contundente, é obrigatoria.
 CUT
    Propuxémonos como obxectivo reconstruírnos neste 2017. Pararnos a falar e a analizar. Preguntámonos como mellor podemos sumar nunha unidade popular que derrote este sistema. Por iso no outono deste ano imos encontrarnos e celebrar o noso Congreso Nacional.
MULLERES

    O asasinato das mulleres polo feito ser mulleres cometido por homes é a definición máis básica de feminicidio que debería aparecer en tódolos dicionarios. Diana Russell e Jane Caputi deron a coñecer o termo en 1990 sostendo que a meta desa violencia cometida por homes, deliberada ou non, é perpetuar a supremacía masculina.

CULTURA OBREIRA

    Madrid, 1933. Tristán Valdivia, xornalista sen xornal, editor sen éxito e amante sen ilusión, abandona a capital para volver ao norte. Alí espérao o seu pai, o marqués de Montecorvo. Son tempos difíciles para o estado, inmerso nas II República, e o vello aristócrata debe manterse á cabeza do seu feudo particular: a Compañía Mineira do Noroeste.

OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA

    A Asemblea Aberta de Coia inicia este domingo un peche solidario para reclamar a absolución do activista Diego Lores, que será xulgado o día 17 pola denuncia falsa por agresión dun axente municipal. O colectivo fai un chamamento a sumarse a esta nova acción en apoio da súa inocencia, coa que queren desmontar o que consideran unha montaxe policial que busca criminalizar a loita veciñal e social en Vigo, da que Lores é un dos seus referentes.

REFUXIAD@S

• OPINIÓN - Ricardo Castro

    Non é nova a pregunta que imos facernos aquí, ao igual que moitas das respostas que poidamos dar. Imos pois. Dende os anos setenta do século XX, poñemos encol da mesa a grande cuestión: onde está a clase traballadora? U-la súa resposta ante o vórtice do capitalismo que nos afoga? Ten que ser a precariedade obediente o noso destino? Somos mansos ou idiotas? Non hai ira en nós?.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    Despois da mobilización do día 22 de decembro, o xerente convocou á Xunta de Persoal, o día 10 de xaneiro, para transmitirlle unha proposta mediante a que teoricamente pretendía reconducir a situación. A proposta que se nos transmitiu é inaceptable para nós, así llo fixemos saber. O xerente convocou, de novo, á Xunta de Persoal, o luns, día 16, para presentar unha nova alternativa. Nesa reunión a Xunta de Persoal reivindicará, de novo, a execución do acordado.

 EMPREGO PÚBLICO
    A noticia difundiuse a través da Cadena Ser sinalando que “O Goberno afrouxa as taxas de reposición e permitirá que as comunidades autónomas poidan contratar máis traballadores dos que se xubilan. Esta novidade é fundamental para que os gobernos rexionais poidan convocar novas oposicións, porque nos últimos anos, as limitacións que impuxera Mariano Rajoy leváraos a ter que trampear tirando de interinos.”
 XUNTA DE GALIZA. OPOSICIÓNS
    A xustiza volve condenar a Xunta por irregularidades nos procesos de selección a prazas do seu corpo administrativo. Nunha sentenza dura, clara e con fortes reproches, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga a Consellería de Facenda a nomear funcionaria do grupo A1 unha opositora que fora suspendida xa que considera probada a existencia dunha "conxura do tribunal cualificador con burla das bases da convocatoria", así como "patente" o "panorama indiciario de maquinación evidenciado pola demandante".
 CUT
    Neste mes de decembro naceu unha nova sección sindical da CUT. Desta volta no Servizo de Bibliotecas e Arquivos da Xunta de Galiza. Co epicentro na compostelana Biblioteca Ánxel Casal, as compañeiras e compañeiros denuncian que nun contexto de “forte incremento das desigualdades no conxunto da sociedade” a Administración galega quere dar un paso máis agora para “substituír ao persoal bibliotecario por persoal sen ningún tipo de formación específica ou experiencia” comprometendo a prestación dun servizo que nos pertence a todas e todos, e que forman parte dos dereitos esenciais de calquera sociedade que queira presentarse como democrática.
 TERRORISMO PATRONAL
    Ás obreiras e aos obreiros tócanos ano a ano a dura e triste tarefa de sobrepoñernos para recibir con enerxía e militancia transformadora o novo ano, mentres despedimos ás nosas compañeiras e compañeiros de clase que sucumbiron ao terror patronal. Este ano en Galiza, 53 traballadoras e traballadores mortos, en máis de 25 mil accidentes laborais.
 VIOLENCIA DE XÉNERO
    O Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña necesita máis medios, máis funcionarios e unhas novas instalacións que impidan que se crucen vítimas e maltratadores. Porque, segundo sinalan os funcionarios, en ocasións coinciden «as vítimas e os seus verdugos», e «iso non pode pasar de ningunha das maneiras», din quen alí traballan, que levan anos queixándose dunhas deficiencias «pésimas».
 DEREITOS SOCIAIS
    EsCULcA publica o seu primeiro vídeo sobre dereitos e liberdades: “Liberdade de expresión. A volta ao silencio”. Unha reflexión sobre a progresiva erosión do dereito da sociedade a expresar libremente ideas, opinións, reclamacións. Da Lei Corcuera á Lei Mordaza pasando por a lei de violencia no deporte, as sucesiva reformas do código penal ou diferentes ordenanzas municipais.
 LINGUA - SERMOS GALIZA
    O calendario editado pola Área de Normalización Lingüística da Uvigo fomenta o uso da lingua propia a través do sorriso e a reflexión sobre tópicos e prexuízos en torno ao galego.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        PROPÓSITOS DE ANO NOVO

         
          AVOA MODERNA

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            CALENDARIO LABORAL 2017
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript