Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 340 - 16/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  EMPREGO PÚBLICO
 

O Goberno permitirá que as comunidades autónomas poidan contratar máis traballador@s d@s que se xubilan

A noticia difundiuse a través da Cadena Ser sinalando que “O Goberno afrouxa as taxas de reposición e permitirá que as comunidades autónomas poidan contratar máis traballadores dos que se xubilan. Esta novidade é fundamental para que os gobernos rexionais poidan convocar novas oposicións, porque nos últimos anos, as limitacións que impuxera Mariano Rajoy leváraos a ter que trampear tirando de interinos.”

 

  • Noticias relacionadas

 

Este é un dos principais asuntos que abordaron este mércores a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, e os conselleiros autonómicos na reunión convocada para preparar a Conferencia de Presidentes da semana que vén.
 
O Goberno e as comunidades crearán nun mes un grupo de expertos que preparará o novo sistema de financiamento autonómico. As autonomías esixen que se dea un tratamento especial no sistema á dependencia que, por falta de achegas do Estado, está a provocar un dos maiores buracos nas súas contas.
 
Ademais, aínda que a Moncloa di que estudará "caso por caso", confirma que vai abrir a porta a que as comunidades autónomas poidan contratar traballadores para sanidade, educación, servizos sociais e emerxencias por encima da actual taxa de reposición. Agora mesmo permitíase contratar só ao mesmo número de traballadores que se fosen xubilando, pero o acordo levanta ese tope aínda que, o Ministerio de Facenda terá que dar o visto e prace ás novas ofertas públicas de emprego.
 
Entre os acordos alcanzados entre comunidades autónomas e goberno está tamén, por exemplo, que se debata para alcanzar unha estratexia sobre o reto demográfico ou que se cre unha comisión para coordinar a resposta ante catástrofes naturais.
 
Noticias relacionadas: AUDIO "Podemos convocar oposicións con máis prazas"
 
Cadena Ser

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript