NÚMERO 340 - 16/01/2017
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Máis implicación
Comezo
de ano, momento das boas intencións, que si ximnasio, cando
non dieta, ou mesmo iniciar unha colección. Cousas todas que
se sabe que máis cedo que tarde imos abandonar. No que nos
concirne a nós, abandonamos antes de comezar. Clarificador a
baixa participación na concentración do día 22 de decembro.
Son consciente da data da convocatoria, aínda así pareceume
que a asistencia foi moi reducida e con ausencias
clamorosas. Se de verdade se pretende reverter a situación
fai falta moita máis implicación.
Asembleas
Non se
compren os acordos, engánannos con amortizacións pola porta
de atrás, reservan prazas no concurso. Difícil situación,
atravésase todo, quen ten a capacidade de executar os
acordos quere renegocialos para impoñer novas condicións.
Esta incerteza prexudica gravemente a credibilidade da Xunta
de Persoal se só pretende navegar deixándose levar por un
vento tan pouco propicio. O acordado ten que ser lei e
executarse, senón negociar non serve de nada porque, quen
nos asegura que non se intentará renegociar?. Cando as
asembleas?
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript