NÚMERO 340 - 16/01/2017
CUTUDC / Novidades
No PASquín 335 publicamos a sentenza do Xulgado do Contencioso - Administrativo número 3 de León que ditaminaba que os días de asuntos propios pendentes de gozar, por estar en situación de incapacidade temporal, teñen a mesma consideración que os días de vacacións.
Tendo como base a sentenza sinalada, unha
traballadora da universidade solicitou o permiso
retribuído dos días de asuntos particulares que non
puido gozar ao coincidir cunha baixa por IT. A
universidade non respondeu á solicitude presentada.
Interesados pola situación sinalóusenos que mentres
que non houbese unha sentenza que afectase
directamente á universidade, os días de asuntos
particulares prescribirían nos prazos establecidos
até o momento.
Tratarémolo coa Xerencia.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript