NÚMERO 340 - 16/01/2017
CUTUDC / Novidades
Na primeira reunión que tivemos co actual xerente sinalámoslle que non desexabamos que se producira unha xudicialización das relacións entre as dúas partes sendo as posibles resolucións que se adoptasen froito dunha negociación na que primase o principio da boa fe.
O paso do tempo evidencia que, polo menos de momento, só nos queda esa vía xunto coa mobilización para frear a morea de incumprimentos e ilegalidades que se están a producir. Ponse de manifesto outra circunstancia, ao cambiar os xerentes reiterándose as mesmas actitudes demóstrase que o problema non está na Xerencia, sitúase nun chanzo máis alto, en quen ocupa o posto de reitor.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript