Xaneiro de 2017
 
 

NÚMERO 340 - 16/01/2017

   CUTUDC / Novidades

  MULLERES
 

Os 3 feminicidios que España agochou

O asasinato das mulleres polo feito ser mulleres cometido por homes é a definición máis básica de feminicidio que debería aparecer en tódolos dicionarios. Diana Russell e Jane Caputi deron a coñecer o termo en 1990 sostendo que a meta desa violencia cometida por homes, deliberada ou non, é perpetuar a supremacía masculina.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Ministerio de Igualdade investiga o carácter machista do asasinato a coiteladas contra Tatiana Vázquez Abuín pese a obviedade do crime. O principal sospeitoso do feminicidio, cometido o 9 de abril en Lugo, é a súa exparella Ibrahim Ndiaye que se atopa en prisión provisional por este caso.
 
Por último, o terceiro feminicidio cometido este ano en Galiza e que non se recoñece como tal é o asesinato contra Marta Sequeiro en Ferrol. Víctor Timiraos confesou ter matado a Marta Sequeiro o 25 de abril no bar no que traballaba tras discutir xa que el non quería abandonar o establecemento.
 
Xudicialmente, a Fiscalía cualificou os feitos de homicidio, e non asasinato, xa que non ve asañamento nas 64 puñadas en todo o corpo, 31 na cara e cabeza. A autopsia revelou que ningunha das feridas foi mortal e que, finalment,e morreu desangrada. Como protesta, a irmá da vítima, Silvia Sequeiro, emprendeu unha loita con concentracións e follas de firmas para que, canto menos, se recoñeza o asasinato de Marta.
 
Os 3 feminicidios que o Ministerio si recoñeceu
Pola contra, o Ministerio de Igualdade si recoñece os outros tres feminicidios que ocorreron neste 2016 como crimes con compoñente de xénero.
 
1. José Manuel Carballo matou cunha escopeta á súa parella Ana Gómez Nieto en Becerreá o 11 de febreiro. O asasinato cometeuse diante dun dos fillos da vítima, de 16 anos, que sufríu unhas feridas polas que tivo que ingresar no Hospital Lucus Augusti. Tralo crime, o asasino chamou a un amigo por teléfono e díxolle: «Remateina».
 
2. Ana Enjamio, de 25 anos, é asasinada no portal da súa casa en Vigo ao volver dunha cea da empresa o 17 de decemebro. Os axentes cren que César Adrio mantivo unha breve relación sentimental con ela e, cando Enjamio decidíu deixalo, el agardouna no portal da súa cara para matala.
 
Na actualidade, César Adrio permanece en prisión provisional. Algúns medios de comunicación recolleron como varias persoas da veciñanza escoitaron os berros da vítima pero que, no momento, non lle deron máis importancia.
 
3. O último feminicidio do ano foi o de Elena Mihaela Marcu, de 30 anos, en Santiago de Compostela. Elena Marcu foi acoitelada o 16 de decemebro e, dous días despois, morreu no hospital a consecuencia das feridas. O principal e único sospeitoso sempre resultou ser a súa exparella Adrián Burlacu a quen Elena botara da casa logo de acollelo por uns días. Os axentes de policía atoparon o corpo sen vida de Burlacu nunha finca do Pico Sacro, en Boqueixón. Todo apunta a que se suicidou.
 
Como mulleres, o noso asasinato non pode ser impune nin pasar desapercibido no eido xudicial, político e social. Esa loita constitúe o primeiro paso pola erradicación do crime. Organicémonos para manternos vivas sendo libres.
 
Intentei imaxinar varias veces de que morrerei. Sufrirei un ataque ao corazón? Padecería unha enfermidade atroz? Asasinarame algún home?”, Natsuo Kirino.
 
Polas mulleres que loitan pola súa liberdade e a de todas as mulleres. Rosa Rego, Tatiana Vázquez, Marta Sequeiro, Ana Gómez, Ana Enjamio e Elena Marcu

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript