14/06/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A nova reforma laboral abarata o despedimento, precariza o emprego da mocidade, deixa nas mans da patronal a elección do despedimento con 20 días de indemnización por causas económicas, permite saltarse os convenios por razóns económicas... e os sindicatos facendo folguiñas sectoriais e debatendo sobre se os grupos parlamentarios aceptarán ou non a reforma. É posíbel ser tan necios como para pensar que os partidos políticos do sistema iran contra as medidas que defende o sistema? É posíbel ser tan hipócritas como para deixar nas mans dos partidos o papel dos sindicatos?.
Estes días é noticia o borrador da nova reforma laboral, a
sexta dende o ano 1984 sen que ningunha delas
servira para mellorar as condicións dos
traballadores e traballadoras. As voces
autorizadas -goberno, patronal e sindicatos
submisos ao capital- fan declaracións
grandilocuentes con expresión de sorpresa ante
as reaccións do resto da mesa negociadora.
Teatro do malo.
Esta reforma está cociñada e servida, como leva dicindo a
CUT, dende hai un ano. Esta reforma é un chanzo
máis na escaleira que nos leva a un capitalismo
depredador, libre de oposición, dirixido polos
organismos do capital: FMI, OMC, BM, UE. Na
linguaxe prostituída das "democracias"
capitalistas non hai outro culpábel que os
erros do mercado, ese ente abstracto, inocente
e neutral que tende sempre a equivocarse en
prexuizo do proletariado. Tanta inocencia
cansa, identifiquemos aos culpábeis e cobremos
a factura.
A CUT saíu as rúas desde decembro do 2008 en moitas
ocasións advertindo do que se nos viña enriba,
advertindo da necesidade dunha FOLGA XERAL. O
pasado 27 de maio, en Vigo, volvemos saír as
rúas con esa demanda despois de iniciar un
proceso de comunicación con forzas políticas e
sindicais de cara á acumulación de forzas que
non foi contestada por aqueles que teñen as
maiorías sindicais neste país, o día 8, na
Folga da Administración Pública saímos, de novo,
a reclamar a necesaria convocatoria da Folga
Xeral. Preguntámonos cales son os motivos que
impiden a convocatoria da Folga, preguntámonos
porque insisten en protestar unha vez aprobados
os decretos na vez de actuar antes,
preguntámonos cal é o papel destes grandes
sindicatos nas mesas negociadoras,
preguntámonos porque estiveron sentados nunha
mesa na que se coñecía o final houbera ou non
acordo. Será que aínda esperan levar algún
trozo de tarta?
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript