14/06/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Como vos dixemos en anteriores artigos a CIG ten capacidade, en Galicia, como para convocar de xeito autónomo a folga xeral, o noso sindicato, en reiteradas ocasións, intentou que fose dese xeito.
Criticamos, tamén, a aceptación tácita do papel secundario que o sindicalismo galego fixo na convocatoria de folga xeral na administración pública de Galicia, a pesar de ser a primeira forza do sector na nosa nación.
Reclamamos unha actuación máis
viva e vigorosa no papel que debe xogar o
sindicalismo de clase en momentos coma este
onde os sindicatos maioritarios desvirtúan o
papel dos traballadores nos cambios que esixe a
cidadanía.
Non chega con
criticar a desmobilización que eses sindicatos,
os maioritarios, impuxeron á clase traballadora
cando se ten a posibilidade de facer e dirixir
esa mobilización. Debería aprender a lección da
esquerda sindical de Euskadi onde xa se
convocaron varias folgas xerais e mesmo en
Andalucía onde ocorreu o mesmo.
Cando se ten a
capacidade de dirección non se pode mirar
eternamente para outro lado e reclamar que a
folga a convoquen outros para, deseguido esixir
o plano de igualdade na convocatoria, a CIG
sabe que isto non é así.
Xa o dixemos e
volvemos a dicilo, os que convocan teñen a
capacidade para determinar que papel xogan os
que se adhiren, a CIG sábeo e fíxoo con
anterioridade en convocatorias onde o
nacionalismo tomou a iniciativa (claro exemplo
a folga de hai uns meses no ensino, onde os
papeis eran totalmente contrapostos). Ten, polo
tanto un espello no que se mirar.
Na entrevista que aparece no Xornal de Galicia,
a CIG recoñece o papel xogado na folga da
administración pública, mais no último
parágrafo di:
“Se hai unha folga xeral nós loxicamente imos
convocar e por suposto falaremos co resto de
centrais sindicais para ver se é posible chegar
a un acordo. Nós o que non vamos é actuar como
unha sucursal de CC OO e UGT, queremos que se
nos trate con respecto. Se hai ese respecto na
convocatoria e nos poñemos de acordo no contido
e na xestión da mesma pois faremos unha folga
conxunta, se non nós convocaremos e faremos a
nosa protesta.”
Neste
parágrafo recoñécense dúas cousas:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript