NÚMERO 339 - 26/12/2016
CUTUDC / Novidades
A Rede Galega polo Dereito á Saúde, da que forman parte SOS Sanidade Pública, Agamfec, Amnistía Internacional, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Médicos do Mundo e Foro Galego de Inmigración, inician unha campaña pola derrogación do RD 16/2012, aquel co que o PP implantou os copagos e eliminou a universalidade sanitaria.
Farase unha
recollida de sinaturas entre profesionais sanitarios
e pedirase a aprobación dunha moción nos Concellos e
Deputacións.
Manifesto da Rede Galega polo Dereito á Saúde
MANIFESTO DAS/OS TRABALLADORAS/ES DA
SANIDADE PÚBLICA GALEGA POLA DEROGACION DO REAL
DECRETO LEI 16/2102
As/os traballadoras/es da sanidade pública
galega, que firmamos este documento queremos expoñer
o seguinte:
1.- Rexeitamos o “Real Decreto Lei 16/2012 de
20 de abril, de “medidas urxentes para garantir a
sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e
mellorar a calidade e seguridade das súas
prestacións”, por que acabou coa
Universalidade da Atención de Saúde e puxo barreiras
para acceder á asistencia, a unha parte da
poboación, especialmente para a que ten máis
problemas económicos, que empeza a ser maioritaria
como consecuencia da crise.
2.- Non aceptamos que o dereito á asistencia
sanitaria se fundamente na cotización laboral
por que isto supón:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript