NÚMERO 339 - 26/12/2016
CUTUDC / Novidades
Xa ven sendo común que as administracións aproveiten decretos ou determinadas leis para modificar outras. No Título II do proxecto de Lei de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (Lei de acompañamento dos Orzamentos 2017) contémplase un capítulo que modifica a Lei do Emprego Público de Galiza.
Sinálase que:
En canto as medidas administrativas que se recollen
no título II, cómpre destacar:
No capítulo dedicado a función pública,
modifícanse varios preceptos da Lei 2/2015, do 29 de
abril, de Emprego Público de Galicia. Así, a
modificación do artigo 89 incorpora a
obrigatoriedade de concursar ao persoal funcionario
que está desempeñando un posto en adscrición por
motivos de saúde ou rehabilitación dado que o está a
ocupar de forma provisional. A modificación do
artigo 96 permite maior versatilidade e mobilidade
para o persoal funcionario pertencente as escalas,
promovendo a promoción deste persoal a outros postos
distintos aos da súa escala de orixe. A modificación
do artigo 104 ten como finalidade incluír na Lei de
emprego público de Galicia a previsión legal contida
no artigo 59 da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de
medidas fiscais e administrativas, segundo o cal, o
persoal funcionario procedente da fusión dos
concellos que se realicen no ámbito da Comunidade
Autónoma, se transfiren e se integran na
Administración Autonómica, regulando así, un
procedemento de adscrición aos corpos e escalas da
Comunidade Autónoma.
A disposición adicional primeira da lei modifícase
para incorporar que, cando se toma como referencia
do desfrute dos permisos a localidade, esta veña
referida ao termo municipal de residencia do persoal
funcionario. Coa modificación da disposición
adicional oitava e novena, modifícanse algunha das
escalas e especialidades existentes, así como as
funcións que ten asignadas e a titulación
correspondente para o acceso as mesmas, adaptándoas
aos novos graos existentes e, por outra parte, tamén
créanse outras novas escalas. A disposición
adicional décima modifícase para adaptar as
titulacións ao marco español de cualificacións para
educación superior das ramas de coñecemento que
están reguladas no Real Decreto 1954/1994, do 30 de
setembro, sobre homologación de títulos aos do
Catálogo de Títulos Universitarios Oficiais, creado
polo Real Decreto 1497/1987, do 27 de novembro e
consolidado a 1 de agosto de 2011. A modificación da
disposición transitoria terceira unicamente
clarifican a redacción actual da lei. Por último,
engádese a esta lei dúas disposicións transitorias
debido a necesidade de manter un réxime transitorio
para o persoal laboral temporal que desempeñe
funcións de persoal funcionario e para o persoal
laboral afectados pola creación de escalas.
Neste capítulo, tamén se modifica a Lei 1/2012 de
medidas temporais en determinadas materias de
emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia,
para clarificar que a reserva de posto de traballo
unicamente abarca a aqueles que están afectados
polos procesos de consolidación de emprego ao amparo
do V Convenio Colectivo e o persoal laboral temporal
que ocupe postos con anterioridade ao 1 de xaneiro
de 2005 e só para aqueles postos de persoal laboral.
Tamén, en materia de función pública modifícase a
Lei 16/2010, do 17 decembro, de organización e
funcionamento da Administración xeral e do sector
público, para regular a integración do persoal
laboral fixo das entidades instrumentais como
persoal laboral da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia e a aplicación do
convenio colectivo único ao persoal laboral
temporal.
Por último, introdúcese na lei un artigo ante a
necesidade de que a Consellería de Sanidade poida
prover un posto de traballo dunha concreta clase da
escala de saúde pública, excepcionalmente e de
maneira temporal, mediante unha comisión de servizos
voluntaria de persoal funcionario doutra clase da
mesma escala, sempre e cando a titulación esixida
para o acceso á clase orixinaria sexa a mesma que a
requirida para o posto de traballo de que se trate.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript