Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 339 - 26/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Isaac Rosa
 

Túnel hipotecario (de lapotes)

Cláusulas chan, intereses de demora excesivos, vencemento anticipado, redondeo á alza, IRPH, imposición de todos os gastos ao hipotecado… Como a Xustiza siga tombando cláusulas abusivas, calquera día vai acabar fallando que a hipoteca enteira é abusiva, e que todo o negocio hipotecario era un enorme abuso: desde a banca abusona ata a abusiva lei hipotecaria, pasando por construtores, notarios, supervisores e por suposto gobernantes.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A última é a cláusula chan, ese paracaídas que os bancos usaban para seguir gañando aínda que o Euribor baixase. Entre os eufemismos e tecnicismos que a banca usaba para disfrazar a tramposa cláusula chan, a miña favorita é esa de "túnel hipotecario". Pura poesía financeira, non me digan.
 
Co que xa sabemos do negocio bancario, cando oio falar de "túnel hipotecario", a imaxe que me vén á cabeza é a do doloroso "túnel de lapotes " que todos sufrimos algunha vez no colexio; cando os compañeiros facían corredor e ao pasar por medio ían sacudindo sopapos. Poucas imaxes definen mellor o que foi a compra dunha vivenda para millóns de familias: un túnel hipotecario de lapotes onde recibías desde o primeiro día e tiñas que correr sen tropezar para chegar vivo ao final.
 
Ti querías unha casa para vivir, e diante túa colocábanse en fila os repartidores de hostias fregándose as mans: "Veña, veña, pasa por aquí…". Política de vivenda que empuxa a comprar (zas, lapote), especulación inmobiliaria que dispara os prezos (zas), vendedor que pide unha parte en negro (zas), notario que fai a vista gorda (zas), banco que che coa letra pequena (zas), cláusula chan que non baixa a túa letra mensual (zas), lei hipotecaria que te deixa a mercé do banco (zas), desprotección total das familias ante unha execución hipotecaria (zas), Euribor manipulado por grandes bancos (zas), labirinto xudicial para defender os teus dereitos (zas), Tribunal Supremo que se pon de parte da banca (zas), Goberno que se desentende dos afectados (zas, zas e zas)…
 
Con sorte, ao final do túnel hipotecario de lapotes atópaste un xuíz europeo que no canto de lapote ofréceche unha man amiga, pero para cando che chega xa tes o pescozo en carne viva. Por non falar dos que caeron a metade do túnel a base de lapotes.  Cantos desafiuzamentos se xogaron no límite deses 200 euros mensuais de diferenza que os bancos cobraban de máis coa cláusula chan? Cantas familias, sen chegar a perder a casa, pasaron anos coa auga ao pescozo por non beneficiarse da baixada de tipos?
 
Nin sequera cando a xustiza che dá a razón te libras do túnel. Agora que o tribunal europeo dixo á banca que ten que devolver todo o diñeiro cobrado de máis, os bancos preparan un novo túnel de lapotes para quen pretenda recuperar o seu diñeiro: vaian pasando dun nun, búsquense un avogado deses que fixeron da estafa bancaria unha industria, esperen a ver se lles toca un xuíz favorable, esquiven as propostas de acordo (con letra pequena tamén, claro), e se cadra ao final do túnel consegues algo. Pero os lapotes do camiño non chos quita ninguén.
 
A alternativa ante tanto abuso, e vista do abandono dos gobernantes, véñena ensinando colectivos como a PAH desde hai anos: autoaxuda colectiva, sumar forzas para coidarte de tanto lapote.
 
Zona Crítica

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript