NÚMERO 339 - 26/12/2016
CUTUDC / Novidades
Profesionais de todos os ámbitos asinan un manifesto para pedir a liberdade de Diego Lores, que será xulgado o próximo 17 de xaneiro por unha suposta agresión a un axente municipal. A propia Fiscalía non aprecia indicios de delito e solicita o sobresemento do caso.
A Asemblea Aberta de Coia conseguiu reunir o apoio de centos de persoas de todo o Estado en prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de cara o xuízo do próximo 17 de xaneiro. Lores enfronta unha pena de tres anos e medio de prisión e 30.356 euros de responsabilidade civil pola denuncia dun axente municipal, que o acusa sen probas de agredilo e lesionalo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript