Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 339 - 26/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  CLÁUSULAS CHAN
 

A mafia bancaria négase a devolver automaticamente o que roubou polas cláusulas chan

Trala sentenza que obriga á banca a pagar o que roubou de máis a través das cláusulas chan négase a devolvelo, salvo que o reclame quen foi obxecto do roubo.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Como é sabido neste mundo capitalista abundan os grandes ladróns de luva branca, protexidos polos gobernos e o armazón institucional do estado e a legalidade. Agora resulta que, tras a sentenza que obriga á banca a pagar o que veu roubando de máis a través das cláusulas chan (á fin e ao cabo vivir do traballo alleo é a práctica parasitaria habitual da banca e a súa fonte de negocio), négase a devolvelo, salvo que o reclame quen foi obxecto do roubo. Dese modo esperan aforrarse boa parte das devolucións, cando o lóxico sería que a devolución fose automática (imaxínanse que un ladrón atopado en delito se negase a devolver o botín mesmo despois dunha sentenza  que lle obrigase a facelo?).
 
E é que hai ladróns e ladróns: hai a quen se lles sentenza por un delito de roubo deliberado e multimillonario (co agravante ademais que en moitos casos levou ao desafiuzamento dos afectados, con consecuencias mortais para algúns deles produto da desesperación), non se lles esixe resarcir a ninguén polo prexuízo causado (por exemplo co pago de intereses polo tempo transcorrido ata a devolución…), tampouco se lles esixe responsabilidades penais… e buscan toda sorte de artimañas para non devolver o que roubaron. A esta clase de ladróns pertence a banca, a mesma que foi rescatada con decenas de miles de millóns de euros a conta dos dereitos sociais da maioría social traballadora. Os seus protectores teñen nome e apelidos: os gobernos e partidos financiados ou que viven a soldo deles.
 
Unha poderosa banca pública, a partir da expropiación da que xa existe, baixo estrito control social e dos propios traballadores, poñería ao servizo da maioría social os inmensos recursos que hoxe están en mans dunha cuadrilla de mafiosos e especuladores, cuxa parasitaria e luxosa existencia causa enormes sufrimentos e miseria social.
 
Kaos. Estado Español

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript