Número 339 - 26 de decembro de 2016
 
 

O PASQUÍN PUBLICARASE, DE NOVO, O 16 DE XANEIRO

UNIVERSIDADE

Mobilización contra as amortizacións e para que o concurso reflicta todas as vacantes

O día 22 de decembro, coincidindo coa sesión do Consello de Goberno, e atendendo a convocatoria, que por unanimidade, realizou a Xunta de Persoal, efectuouse a concentración de traballadoras e traballadores en protesta pola amortización de prazas que o equipo de goberno comunicou á Xunta sen a preceptiva negociación cos órganos de representación, ocultándollo, tamén, aos representantes da Comunidade Universitaria que aprobaron no Consello de Goberno a Oferta de Emprego Público do ano 2016 sen ter coñecemento de tales amortizacións.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADE

    Para a representación do PAS, a sesión do Consello de Goberno foi unha continuidade da mobilización convocada contra as amortizacións de prazas que, de xeito ilegal, o grupo de goberno da universidade comunicou á Consellería de Facenda formando parte da Oferta de Emprego Público do ano 2016.

 XUNTA DE GALIZA. ORZAMENTOS
 ASEMBLEA ABERTA DE COIA
    Profesionais de todos os ámbitos asinan un manifesto para pedir a liberdade de Diego Lores, que será xulgado o próximo 17 de xaneiro por unha suposta agresión a un axente municipal. A propia Fiscalía non aprecia indicios de delito e solicita o sobresemento do caso.
CLÁUSULAS CHAN

    Trala sentenza que obriga á banca a pagar o que roubou de máis a través das cláusulas chan négase a devolvelo, salvo que o reclame quen foi obxecto do roubo.

FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL - REFUXIAD@S

    Expresamos a nosa profunda solidariedade de clase cos millóns de traballadores inmigrantes, os millóns dos refuxiados que están enfrontados coa dobre explotación, non só como parte da clase traballadora senón tamén como inmigrantes.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Cláusulas chan, intereses de demora excesivos, vencemento anticipado, redondeo á alza, IRPH, imposición de todos os gastos ao hipotecado… Como a Xustiza siga tombando cláusulas abusivas, calquera día vai acabar fallando que a hipoteca enteira é abusiva, e que todo o negocio hipotecario era un enorme abuso: desde a banca abusona ata a abusiva lei hipotecaria, pasando por construtores, notarios, supervisores e por suposto gobernantes.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    A gravidade da actuación do equipo de goberno da universidade no proceso de aprobación da Oferta de Emprego Público de 2016 leva á representación da Alternativa de PAS Asemblearia no Claustro Universitario ao inicio do procedemento para a convocatoria dun claustro extraordinario que convoque novas eleccións a reitor, se conseguimos o número de representantes que se contempla no seu Regulamento de Réxime Interno .

 UNIVERSIDADE DE VIGO
    A representación do PAS laboral da UVIGO, unha vez realizado o recurso contra a aprobación da RPT, por considerar que adoece de graves eivas, reitera que non se prestarán a negociar a súa execución e solicita á Universidade que non inicie a súa tramitación polos graves danos que pode ocasionar para @s traballador@s afectad@s.
 XUNTA DE GALIZA. ORZAMENTOS
 SOS SANIDADE PÚBLICA
    A Rede Galega polo Dereito á Saúde, da que forman parte SOS Sanidade Pública, Agamfec, Amnistía Internacional, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Médicos do Mundo e Foro Galego de Inmigración, inician unha campaña pola derrogación do RD 16/2012, aquel co que o PP implantou os copagos e eliminou a universalidade sanitaria.
 LOITA SOCIAL
    Santiago de Compostela, 18 de decembro do 2016 – Veciñas de Coia (Vigo), Elviña (Coruña) e Galeras (Compostela) comparten no Matadoiro en Composela as súas aprendizaxes na defensa do público fronte a apisoadora da administración e a apropiación das cidades polo capital.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Representantes de diferentes entidades sociais presentaron en Santiago o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos asinado en Donostia o 17 de decembro
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        HAI CORRUPCIÓN

         
          O PROGRESO

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            CALENDARIO LABORAL 2017
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript