Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 339 - 26/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL - REFUXIAD@S
 

Declaración da FSM sobre o Día Internacional dos Inmigrantes

Expresamos a nosa profunda solidariedade de clase cos millóns de traballadores inmigrantes, os millóns dos refuxiados que están enfrontados coa dobre explotación, non só como parte da clase traballadora senón tamén como inmigrantes.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Tod@s @s traballador@s, tanto estranxeir@s como locais, son irmáns de clase e as súas loitas son comúns, a pesar da súa nacionalidade, raza, cor de pel ou relixión.
 
A FSM chama á clase traballadora internacional para que siga expresando a súa solidariedade c@s inmigrantes e @s refuxiad@s, especialmente agora que a agresividade e as guerras imperialistas crearon inxentes ondas de refuxiad@s.
 
A discriminación racial e os outros tipos de discriminación créanse e mantéñense vivas polos monopolios, as empresas transnacionais, os mecanismos imperialistas e os gobernos reaccionarios para dividir aos traballadores e salvagardar a explotación clasista.
 
A FSM conxuntamente cos seus afiliados e amigos en cada recuncho do mundo seguirán loitando polos intereses da clase traballadora, contra a discriminación racial xerada pola barbarie capitalista.
 
Baseándose nesta percepción, a FSM reivindica:
 
- A abolición dos Convenios de Dublín e do Tratado de Schengen, de Frontex e de todos os mecanismos de represión
 
- O cesamento das medidas promulgadas pola UE para a represión nas fronteiras.
 
- O fin das intervencións imperialistas da UE- os EEUU e a OTAN.
 
- Traslado inmediato dos refuxiados desde as illas e os puntos de entrada aos países do seu destino final.
 
- Aumento de persoal e de infraestruturas polo rescate, a identificación de rexistro, a vivenda, a alimentación, a asistencia médica e o traslado seguro desa xente.
 
- Creación de centros de benvida e hospitalidade dignos.
 
FSM

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript