NÚMERO 338 - 19/12/2016
CUTUDC / Novidades
A mobilización, que precedeu ao nacemento do 15M, protestaba contra a privatización da educación e a precarización da mocidade.
O Xulgado do
Penal número 24 de Madrid absolveu a once persoas
imputadas por desordes públicas –unha delas,
ademais, por atentado á autoridade– no marco da
manifestación convocada por Mocidade
sen Futuro o 7 de abril de 2011 en Madrid.
O once persoas detidas estaban acusadas de poñerse
de acordo” para “alterar a paz pública”, segundo a
Fiscalía, lanzando pedras e obxectos aos axentes de
policía, ademais de queimar colectores e lanzar
valos á vía pública. A un deles acusábaselle tamén
de agredir a un axente de policía. A Fiscalía pedía
para eles penas de entre un e tres anos de
cárcere.
A sentenza absolutoria, á que tivo acceso
Diagonal, sinala que durante o xuízo non quedou
probado que os manifestantes actuasen en grupo, nin
tampouco xustifican os supostos danos e alteracións
na vía dos que se lles acusaba. Tampouco dá por
probado que a persoa acusada de atentado á
autoridade fose quen lanzou unha pedra contra un dos
axentes.
"Estamos moi contentos coa sentenza", sinala a
Diagonal o avogado Daniel Amelang, membro de Rede
Xurídica. "É o único resultado posible: os
policías recoñeceron que non lembraban ben os feitos
e os seus relatos atopábanse infestados de
contradicións", engade.
A manifestación, convocada por Mocidade sen Futuro
baixo a lema ‘Contra os recortes á mocidade’,
celebrouse en polo menos
sete capitais de provincia, impulsada por
colectivos universitarios que protestaban contra
a privatización da educación e a precarización
da mocidade. Foi unha das mobilizacións que
precederon ao movemento 15M, que explotaría un
mes despois nas prazas de centos de cidades.
En Madrid, a convocatoria reuniu a máis de 2.000
persoas, que marcharon desde a praza de Antón
Martín ata o Museo Reina Sofía, en Atocha.
Recollido de Diagonal Periódico
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript