A certificación de Facenda , escondida polo reitor durante meses, demostra até que punto chegou o comportamento do equipo de goberno. Se xa o feito de declarar prazas a amortizar sen a previo coñecemento e negociación co órgano de representación d@s traballador@s e a súa ocultación é unha ilegalidade manifesta, o feito de escamotearlle tamén esa información ao Consello de Goberno, órgano onde se aprobou (co rexeitamento d@s representantes do PAS) demostra un xeito de proceder até agora nunca visto nesta universidade.
Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
No anterior PASquín informámosvos dunha reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia para tratar sobre a reorganización das Unidades de apoio á xestión de centros e departamentos. Criterios para a concesión de comisións de servizo e convocatoria promoción interna C2. Ao peche da edición daquel PASquín non puidemos informar sobre o desenvolvemento da reunión, cousa que facemos deseguido.
A elaboración desta guía xorde á calor da chamada Operación Piñata, operación policial contra a contorna anarquista. Componse dunha serie de consellos prácticos para poder afrontar as consecuencias dunha operación antiterrorista da mellor maneira posible.
Coa derrogación do decreto 149/2008, xa non existe límite de potencia nin de cantidade para as plantas de biomasa. Un vello anceio de ENCE: ter a medio país producindo eucalipto para pasta e ao outro medio madeira para queimar...
As autoridades francesas terminaron a construción dun muro na cidade do norte en Calais dirixido a impedir o acceso dos migrantes á estrada que conduce ao eurotúnel.
Para a Rede de Redes, o texto resulta "opaco e confuso" en relación á loita e prevención da corrupción e a liquidar os conflitos de intereses. Por iso, presenta aos grupos parlamentarios unha batería de emendas para "mellorar os proxectos de lei para o impulso dunha compra pública responsable".
Ao home máis rico de España e segundo do mundo debéronlle de pitar as orellas este xoves. Media España falaba del, e non precisamente ben, mentres a outra media enchía as súas tendas como calquera festivo prenadal. Ata se converteu en trending topic, cousa que ao millonario discreto só lle pasa cando se publica a lista Forbes. O empresario modelo, o creador de riqueza e emprego, o home feito a si mesmo, o filántropo, tivo un mal día e levou os seus quince minutos de linchamento en redes sociais aos que calquera ten dereito polo menos unha vez na vida.
Ademais da información oficial que a propia universidade emitiu do desenvolvemento da sesión do Claustro queremos sinalar as intervencións realizadas polos nosos representantes que, como era previsible comezaron cunha cuestión de orde debido ao manifesto retraso no envío da información relativa ao punto 3 da orde do día.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript