Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 338 - 19/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  CONTRAINFORMACIÓN
 

Cabo de guía: Consellos prácticos para afrontar a represión

A elaboración desta guía xorde á calor da chamada Operación Piñata, operación policial contra a contorna anarquista. Componse dunha serie de consellos prácticos para poder afrontar as consecuencias dunha operación antiterrorista da mellor maneira posible.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nace da suma de experiencias vividas por compañeiros e compañeiras que sufriron dita operación de forma moi próxima. A nosa intención é facilitar o camiño a quen lamentablemente lle toque transitalo. Non pode tomarse como un dogma, manual ou protocolo, se non como unha achega colectiva duns casos concretos sen esquecer que cada caso pode ser distinto e que a información exposta na guía debe ser revisada e actualizada periodicamente.
 
Esperamos que poida servirche de axuda, que poidas afrontar esta situación con enteireza e que sigas loitando pola liberdade.
 
Podes ler e descargar a guía aquí:
https://cabodeguia.noblogs.org/
 
Recollido de Contramadriz

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript